NOVE SOCIOS DA ABE PIONEIROS EN OBTER O DISTINTIVO DE CALIDADE SIDTEC
- Dos 36 distintivos, 12 corresponden a entidades de Boiro e 9 son empresas que, ademais, son asociadas á ABE.
- Na primeira reunión procedeuse á constitución da mesa de calidade
- O xerente da ABE é un dos vogais
Boiro 16 de maio de 2023
O pasado venres celebrouse, na sala de xuntas do concello de Boiro, a primeira reunión da mesa de calidade do destino Barbanza Arousa, órgano encargado da implantación do sistema Integral de calidade Turística en destinos (SIDTEC).
A Mesa de Calidade conta con representantes dos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira; da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, o Clúster de Turismo de Galicia, 5 asociacións empresariais e persoal técnico da Mancomunidade.
A ABE está representada na mesma a través do seu xerente , Tomás Estévez, que actúa como vogal.
En canto ao contido da mesa examináronse os resultados da implantación deste sistema de calidade, con 36 empresas que superaron satisfactoriamente as avaliacións. Ademais destas avaliacións, as entidades cumpriron outros requisitos relacionados coa óptima xestión empresarial e dos servizos así coma a recepción de dúas Asistencias Técnicas Individuais, a participación en sesións formativas e asistencias técnicas colectivas.
Dos 36 distintivos, 12 corresponden a Boiro e deles 9 son empresas que, ademais, son todas asociadas a ABE, o cal nos enche de orgullo xa que, unha vez mais somos líderes, sendo a asociación que mais empresas aporta ao proxecto e ademais o 100% conseguiron certificarse.
En canto ao proxecto o resultado valorouse moi positivamente pola Mesa de Calidade e tamén por membros de Segittur xa que os 38 certificados supón unha das cifras mais altas do país para o primeiro ano de actividade.
Destacar que a finais de ano abrirase unha nova convocatoria na que poderán participar novas empresas e entidades que queiran acadar esta certificación de calidade que entre outros beneficios puntúa de cara a conseguir axudas públicas.
Dende a ABE axudamos as empresas asociadas no proceso de certificación para que lles resulte mais doado conseguilo.