Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
almorzos abe

Trala inauguración no pasado mes de marzo dos #almorzosabe hoxe celebrouse a segunda edición e de novo con aforo completo, un “sold out”, no que moito tivo que ver o excelente traballo realizado pol@s técnicos da Asociación AMBAR das persoas con diversidade funcional que foron os protagonistas do almorzo.

O formato elixido foi o de mesa de traballo no que participaron 12 empresas que tiñan especial interese en coñecer os por menores do proxecto iWORK que trata de expoñer os beneficios que ten para as empresas implementar estratexias de diversidade e inclusión.

Na mesa de traballo tamén participou o presidente da ABE, Daniel García que se amouso “moi orgulloso de dar cabida nos #almorzosabe ao proxecto Iwork unha iniciativa pioneira en Galicia e que se desenvolve dende Barbanza”

A sesión de traballo foi dirixida por Ana Agrelo, responsable do proxecto que explicou que “as empresas mais punteiras caracterízanse por ter un cadro de persoal mais diverso, promover unha cultura inclusiva e comprometerse socialmente coa comunidade” tamén afirmou que “ isto ten beneficios económicos tanto directos coma indirectos”

A sesión tamén incluíu un interesante apartado no que detallaron as axudas vixentes en materia de contratación que nalgúns casos poden ter bonificacións de ata o 100% na cota da seguridade social.

Con esta xornada ponse fin a primeira fase do proxecto e nas vindeiras semanas a Asociación Ambar irá comunicando e explicando as seguintes fases do mesmo.

Cabe recordar que no desenvolvemento do mesmo colaboran, entre outras entidades, Xunta de Galicia, Fundación La caixa e Fundación Repsol.

En canto a ABE o presidente indicou que “estamos encantados de colaborar con iniciativas tan novidosas e ilusionantes que non so redundan nunha vertente económica senón que tamén o fan dende o plano social”