Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
stocks fora

  

A ABE pon en marcha está semana unha campaña de promoción comercial para os seus asociados, nesta ocasión trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo liquidar os stocks dos comercios nas propias tendas.

A campaña que se desenvolve baixo o nome de Fora Stocks Boiro (Edición Inverno) terá lugar o xoves 21, venres 22 e sábado 23 de febreiro.

Os comercios, e durante estas datas, terán sinalizados os produtos que se porán a venta a prezos de liquidación cos carteis elaborados especificamente para esta campaña para que o cliente identifique claramente os produtos.

Con esta campaña porase o punto e final ás rebaixas de inverno e os clientes poderán adquirir produtos a prezos súper rebaixados no remate final da campaña ademais de poder ver xa nas tendas o adianto da campaña de primavera.