Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

O MINISTERIO DE ECONOMÍA, COMERCIO E EMPRESA CONCEDE A ABE O  ACCESIT AO PREMIO NACIONAL DE COMERCIO 2023

 

  • É a terceira vez que a patronal de Boiro acada un recoñecemento nos premios nacionais de comercio.
  • A entrega do galardón celebrarase proximamente na sede do Ministerio.
  • Con este premio a ABE convertese nunha das asociación de España con mais galardóns nos premios nacionais de comercio.

  

Boiro 14 de decembro de 2023

A ABE está de noraboa xa que no BOE de onte publicouse o fallo dos premios nacionais de comercio 2023 outorgados polo Ministerio de Economía, Comercio e Empresa do Goberno de España e a patronal de Boiro foi recoñecida cun ACCESIT de carácter honorífico ao premio nacional de comercio 2023 no apartado de centros comerciais abertos.

Cabe recordar que xa no ano 2015 recibira a mención especial e no 2019 outro accésit polo que este é o terceiro galardón nos premios nacionais de comercio nun período de tan so 8 anos, o que supón un fito impresionante e converte a ABE nunha das asociacións a nivel nacional con mais recoñecementos nestes premios nacionais. 

Os Premios Nacionais de Comercio Interior creáronse no ano 1997 para  distinguir a especial labor dos concellos nas súas actividades de renovación urbana comercial, e dos pequenos comercios, na súa labor de desarrollo comercial e modernización empresarial. Posteriormente incluíuse unha terceira categoría para os Centros Comerciais Abertos. 

Así , os premios Nacionais de Comercio son o máximo galardón que entrega o estado en recoñecemento o traballo a prol do pequeno comercio, feito que supón un enorme orgullo ademais do recoñecemento ao traballo realizado pola entidade dende que en 2005 se creou o centro comercial aberto de Boiro. 

A entrega desta mencións especial realizarase proximamente en Madrid, na sede do Ministerio e ao que asistirán representantes da asociación.

Agradecementos.

O presidente da ABE, Daniel García, quixo en primeiro lugar felicitar ao resto de gañadores polo traballo que realizan cada día a prol do pequeno comercio e  “ agradecer ao xurado dos premios por ter valorado o noso traballo en prol do pequeno comercio de Boiro, tamén ás xuntas directivas que axudaron a crear e consolidar este proxecto, aos traballadores da asociación así como as entidades e organismos públicos que colaboran con nos, con especial mención ao Concello de Boiro”

Para finalizar, o presidente destacou que “ o máis importante é dar as grazas aos nosos socios, ás empresas e negocios de Boiro, que son a razón deste éxito xa que participan masivamente das nosas campañas e actividades e que son o motivo e a razón do noso traballo. Espero que se sintan tan orgullosos como o estamos nos”