Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

O PUNTAZO ABE DE OUTONO AGASALLA CON PARAUGAS AOS CLIENTES DOS NEGOCIOS ASOCIADOS

 

  • O premio da campaña son 100 paraugas de 16 varas
  • Soamente se precisan 50 puntos para acadalo
  • Poden usarse os puntos acumulados ou rexistrar novos tíckets para sumalos
  • As solicitudes deben facerse a partir do 6 de novembro

 

A ABE pon en marcha unha nova edición da campaña de promoción comercial denominada Puntazo de Outono co obxectivo de premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados.

O puntazo ABE é unha campaña que está vinculada ao sistema de fidelización por puntos.

A partir do 6 de novembro, os clientes que conten con 50 puntos acumulados poden utilizamos para conseguir un agasallo exclusivo, un estupendo paraugas extra grande de 16 varas. 

Para acumular puntos os clientes deben subir os seus tíckets ou facturas a web da ABE www.abe.gal e acumularán o 10% do importe en puntos ABE para cambiar por este premio especial do puntazo que se pode solicitar a partir do 6 de novembro ata esgotar existencias. A solicitude realízase dende a propia web da ABE onde tamén se rexistran os puntos e consúltanse os premios. 

Recordar que valen tíckets ou facturas de calquera sector (non so de comercio) dende hostalería a servizos, construción ou industria.

Os clientes que xa teñan acumulados os 50 puntos na súa conta poden usalos para conseguir o paraugas e os que aínda non os teñan deben subir os tíckets canto antes para conseguir os puntos necesarios.

A solicitude do premio so pode facerse a partir do 6 de novembro para dar oportunidade tamén a clientes que aínda non rexistraron puntos. 

Ademais do premio especial do puntazo de verán os puntos pódense cambiar por vales de compra (100 puntos por 5€) ou por premios como carros da compra, auriculares bluetooth , cargadores inalámbricos  e moitos premios mais. 

Na web da ABE está tanto o catálogo como a aplicación para rexistrar os tíckets e o formulario para solictar o cambio dos premios.

 

 

>>Rexistra aquí as túas compras

>>Solicita aquí o teu paraugas