Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

  

O SISTEMA DE FIDELIZACIÓN DA ABE CUMPRE 6 MESES CON RESULTADOS EXTRAORDINARIOS

 

  • Neste intre hai 1883 usuarios activos que rexistraron mais de 18.000 tíckets de compra.
  • Recibíronse 75 peticións de cambio de puntos por premios sendo o mais demandado os Bonos ABE.
  • O tícket mais baixo foi un de 10 céntimos dunha mercería e o mais alto unha factura de maquinaria para un barco bateeiro de 13.340 €

 

Boiro 27 de xullo de 2023 

A principios de ano a ABE estreaba, despois de moitas probas e traballo, un novidoso sistema de fidelización feito a medida, polo que os clientes dos establecementos asociados poden acumular puntos coas compras realizadas e cambialos por agasallos ademais de participar en sorteos e promocións especiais en datas sinaladas.

Pasados os primeiros seis meses do proxecto toca facer balance do mesmo e os resultados non poden ser mellores, neste intre son 1.883 usuarios activos no sistema que son clientes dos negocios asociados que rexistraron neste período 18.624 tíckets das súas compras.

En canto aos premios do catálogo recibíronse 75 peticións de cambio de puntos por premios sendo o mais demandado os Bonos ABE con 39 peticións (cada 100 puntos conséguense 5€ en bonos para usar libremente en calquera negocio asociado). 

Tamén destacar que un dos premios mais solicitados é o que mais puntos precisa para obterse, 500, que son as maletas de viaxe e que corresponden a un gasto de alo menos 5.000€ nos negocios locais xa que o sistema de fidelización acumula o 10% en puntos.

Actualmente hai rexistros de todos os sectores sendo o tíckets mais baixo un de 10 céntimos dunha mercería e o mais alto unha factura de maquinaria para un barco bateeiro de 13.340 € . Esta disparidade ben dunha das vantaxes do sistema xa que é valido para calquera tícket ou factura de calquera negocio asociado independentemente do sector de actividade. 

Outros premios e campañas

Os premios do catálogo non son os únicos aos que optan os clientes xa que nestes primeiros seis meses de funcionamento puxéronse en marcha diferentes sorteos entre os tíckets rexistrados cun montante de 6.300 € en bonos ABE e centos de premios especiais como as 50 neveiras de praia do Puntazo de Verán.

Actualmente está en marcha a campaña Quincenas Fantásticas con 3.000 € en bonos e 4 bicis e proximamente terá lugar a edición de inverno do Puntazo con centos de premios.

Tanto o rexistro dos tíckets, a consulta do catálogo de puntos e a petición de cambio de puntos faise dende a web da ABE (www.abe.gal).

Como indica o presidente da ABE, Daniel García, “os resultados deste primeiro semestre son inmellorables e nos da a razón sobre a necesidade de implantar ferramentas de dixitalización en materia de promoción comercial xa que cada vez son mais os clientes que participan dos sorteos que propoñemos a través da nosa web“ tamén adiantou que a finais de ano “introduciranse novos premios no catálogo potenciando o mesmo xa que a idea da entidade é impulsar, se cabe aínda mais esta ferramenta de fidelización de clientes”

Con este proxecto a ABE completa a oferta en fidelización para os clientes dos seus negocios asociados iniciado coa entrega de tíckets de aparcamento gratuítos hai xa mais de 16 anos, continuando coa tarxeta agasallo (BONOS ABE) do que o ano pasado vendéronse mais de 8.000 € que repercutiron nos propios negocios.