Nunha primeira parte a xornada centrouse no valor das emocións positivas e como inflúen altamente no noso benestar persoal xerando un pensamento global, creativo e innovador que axudará a denifir de forma moito máis clara a estratexia da empresa e a alcanzar os obxectivos de forma máis eficaz no só no ámbito empresarial senón tamén no persoal.
Xs asistentes puideron compartir algunha vivencia baseada na súa propia experiencia empresarial ou persoal, na que tuveran que utilizar todas as súas fortalezas, entre todxs chegouse á conclusión da gran importancia de ter unha conducta positiva que nos axuda a xestionar o estrés ante a adversidade e que nos permite prantarlle cara case a calquera situación por difícil que sexa.
Tras este análise de emocións positivas deuse paso ó JOB CRAFTING, unha técnica que permite dar un novo enfoque ós postos de traballo a través do cambio proactivo. Esta metodoloxía parte da consideración de que cada traballador@ ten unhas características e particularidades únicas, por iso hai que atender de maneira individual ós intereses, fortalezas, debilidades e habilidades sociais para aplicar de forma eficiente esta técnica.
¿Cales son as vantaxes?
As empresas que apostan polo Job Crafting observan como resultados unha mellor satisfacción laboral que conleva un mellor rendemento dos empregados, tanto a nivel individual como en equipo. Os traballadores están máis motivados para realizar o seu traballo e como consecuencia a empresa aumenta a súa productividade. Outras importantes vantaxes que se observan trala aplicación de este método son:
- Xs traballadores sinten que recuperan o control sobre as súas decisións, en lugar de pensar que todo ven definido pola dirección da empresa.
- X empregadx implícase moito máis na empresa, adopta unha actitude proactiva e atrévese a suxerir puntos de vista máis innovadores na súa búsqueda de resultados.
- Ó aumentar a satisfacción no traballo, x empregadx aumenta o seu compromiso coa empresa, xa que está facendo o que lle gusta.
- Ó mesmo tempo, os obxetivos e valores dx traballador@ e da organización alinéanse.
- Mellor colaboración e equipo máis conectado
- Engagement e retención de talento.
Como punto final incídese na importancia de que as empresas deberían tomar conciencia de esta técnica se queren atraer e fidelizar ós mellores talentos.