Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://twitter.com/empresasboirohttps://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

  OS ALMORZOS ABE ACHEGAN AOS EMPRESARIOS AS 10 CHAVES PARA APROVEITAR A SÚA CANLE DIXITAL

 

  • Imparteu o Obradoiro Dixital, Judit Cabana, experta en Marketing, Vendas & Comunicación.
  • Os presentes tiveron a oportunidade de conversar nun café networking ao finalizar o Obradoiro.

 

Boiro 25 de outubro de 2023

Na mañá de hoxe tivo lugar na sede da ABE un novo almorzo formativo da man da oficina Acelera PYME da Deputación da Coruña,unha oficina que como explicou o seu técnico “está a disposición de todas as pemes asociadas a ABE para que nos acheguen as súas dúbidas ou peticións no referente á dixitalización xa que contamos con técnicos especializados na materia que poden axudalos a comezar ou a continuar co seu proxecto de dixitalización sexa cal sexa o seu sector “

 

Contacto

Teléfono: 881 045 898 / E-mail: oaprural@dacoruna.gal

https://acelerapymeruraldacoruna.es/sobre-acelera-pyme/

No que se refire á charla a encargada de levala a cabo foi Judit Cabana, experta en transformación dixital que en pouco mais de 1 hora deu a coñecer os 10 puntos clave que permitirán mellorar as canles dixitais da súa empresa.

Judit Cabana / 680 901 645 / judit@nativa.gal

 

O obxectivo deste Obradoiro foi expoñer ferramentas e modos de actuar que axuden ás empresas, autónomos e persoas emprendedoras a acadar os seus obxectivos de comunicación, marketing e vendas, comprometéndose a súa vez con iniciativas que teñan externalidades positivas.

Descarga o pdf coa presentación

A xornada quedouse corta debido tanto ao interese dos asistentes como ao amplo da temática a tratar feito polo cal dende a ABE propuxemos á oficina acelerapyme que se realizara unha nova xornada poñendo o foco sobre os aspectos prácticos de como levar a cabo esta estratéxia de comunicación cos nosos clientes.

Coma sempre pasa nos almorzos ABE unha das partes mais interesante foi o posterior café networking onde os asistentes puideron conversar entre eles e tamén coa poñente e os técnicos de acelerapyme cun petisco polo medio antes de afrontar a súa xornada laboral.