Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

COMEZA UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO

 

Esta primeira edición do 2022  “Días Azuis do comercio galego” terá lugar entre o xoves 23 de Xuño e o domingo 17 de xullo e nela poderán participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nesas datas.

Entre eles sortearanse 12.000 euros en premios (distribuídos en tarxetas prepago regalo de 250€ (6 por provincia) e 150€ (10 por provincia) ) que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos.

Os clientes poden participar de 2 maneiras diferentes:

  1. Rexistrar a súa compra en www.diasazuis.com
  2. Ou coa colaboración do comerciante a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios, onde pode rexistrar directamente a operación de compra dos clientes. Deste xeito, o consumidor duplica a participación para o sorteo.

*En ambos casos o cliente debe fotografíar e logo gardar o seu ticket de compra ata o sorteo final que se celebrará o xoves 21 de xullo ante notario