Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto


PECHA KUCHA BOIRO BATE RECORDS


Unha vez mais o salón de actos da A.B.E., con capacidades para preto de 100 persoas, quedou pequeno para acoller a todos os asistentes a cuarta edición do evento do que todos falan, o Pecha Kucha Boiro.

 

 Pasadas as 20:30 horas da noite, cinco empresas amosaron baixo o formato Pecha Kucha, (20 imaxes en 20 segundos) que desenvolver unha actividade empresarial arraigada na cultura e con certas doses de creatividade e innovación son factores de éxito.

 

PARTICIPANTES

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Triwus, plataforma de creación web
http://triwus.com/

Plataforma de creación web. Empresa Boirense que ven de desenvolver un xestor de contidos web (CMS) para que cada persoa poida construír a súa propia web de xeito fácil e intuitivo. É destacable que unha empresa Boirense, con medios e programadores locais desenvolva este tipo de tecnoloxía ao nivel de multinacionais como 1and1 ou arsys. Ademais desta liña de negocio realizan creación web a medida e deseño corporativo creando incluso paquetes combinados de produtos.

 

Arousa Norte: empresa, turismo e cultura

Arousa Norte leva traballando a estratexia turística da comarca moitos anos... O TURISMO CULTURAL, PATRIMONIAL E PAISAXÍSTICO son liñas mestras desta estratexia na que SEMPRE se tivo moi en conta a COLABORACIÓN CON EMPRESAS locais. Un exemplo claro é a colaboración coas conserveiras, en concreto para este pk, a colaboración con Luís Escurís Batalla, na ruta do mexillón, utilizando a fábrica como lugar visitable ou co último proxecto desenvolvido, onde se tentaba mezclar deseño gráfico e aportacións de artistas para poñer en valor aínda máis e a través do packaging, os excelentes produtos derivados do mar que estas conserveiras enlatan e distribúen por todo o mundo.

 

Biomega Natural Nutrients
http://bnnutrients.com/index.php

Biomega Natural Nutrients S.L. é unha empresa biotecnolóxica específicamente deseñada para a obtención de aceite con alto contido en Omega 3 natural extraído en frío. Isto significa que, grazas a sua avanzada tecnoloxía, non utiliza neste proceso ningún disolvente químico nin altas temperaturas, que tanto comprometen a calidade do produto final. Ademais da extracción de aceite de Omega 3 de gran calidade e biodisponibilidade, Biomega Natural Nutrients S.L. está especializada na elaboración de cápsulas de xelatina branda, contando cun equipo de I+D encargado de desarrollar novas formulacións de produtos tanto propios como para terceiros.

 

Gastromania
http://www.gastromaniarestaurante.es/

Creemos na cociña que evoca recordos, creemos en que o traballo fala por sí mesmo, estamos convencidos que as receitas tradicionais galegas son a nosa base, que cociñamos para vos. Por iso estamos convencidos de que as sobremesas son básicas, o trato familiar primordial, a sencillez unha bandeira que lucir, que vale infinitamente máis un abrazo que un me gusta nas redes sociais. Estes son os valores que nos manteñen vivos.Nacho Rodríguez é o cociñeiro e xerente desta proposta gastronómica foi nominado ao mellor cociñeiro galego do ano, premio outorgado polo fórum gastronómico e La Voz de Galicia.

 

Vermú Nordesía (Nordés)
http://www.nordesgin.com/

Somos galegos, de nacemento e por convicción. Somos artesáns, por tradición e por principios. Recolectamos produtos galegos de primeira calidade, traballamos incansablemente buscando fórmulas que doten aos nosos brebaxes dunha personalidade única, de un carácter nobre e sensible, atractivo e elegante. A empresa Atlantic Galician Spirits acaba de realizar unha das operacións empresariais mais importantes dos últimos tempos en Galicia vendendo ao grupo Osborne a súa división de Xenebra, a coñecida NORDES. Tras acadar o éxito internacional con este produto agora pretenden repetir o éxito co vermú nordesía.

 

Reizentolo
http://www.reizentolo.es/es/

A historia comeza en 2003, cando tres xoves galegos recen licenciados crean unha primeira líña de camisetas con deseños que mesturan a cultura popular de Galicia coa estética do pop art anglosaxón e a cultura popular global. A idea era facer arte nun formato asequible que chegara a todo tipo de xente, cun estilo sempre divertido e cargado de ironía. Ao principio ninguén vía viable a proposta, polo que comezaron a vender eles mesmos por feiras, festas e festivais ata chegar a montar a súa primeira tenda en Pontevedra. Pasada una década, estes produtos véndense en 6 tendas reizentolo en Galicia, nun centenar de tendas multimarca en toda España e online. A filosofía zentola pódese resumir en Galeguidade, Creatividade, Universalidade Galeguidade, por ser Galicia o xermolo e o motor de todo o proxecto zentolo. Creatividade, por sela creatividade a gasolina que fai arrancar e impregna cada traballo. Universalidade, por tentar sempre que o traballo de reizentolo chegue ao maior número de xente posible.

 

 

COMPARTE

_