Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

PERSOAS PREMIADAS DO PRIMEIRO SORTEO DA CAMPAÑA DO NADAL DA ABE

 

  • Sorteáronse 500€ en bonos ABE e 2 lotes de produtos da praza de Abastos de Boiro
  • Rexistráronse 1509 tíckets de compra en tan so 15 días de campaña
  • Este foi o primeiro dos catro sorteos dos que consta a campaña.

Boiro 22 de decembro

Na mañá de hoxe celebrouse na sede da ABE o primeiro dos sorteos da campaña do nadal entre os 1509 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 5 e o 21 de decembro. (Destacar que en tan so 15 días rexistráronse 1.509 compras)

Próximos sorteos

Sorteo 2 - luns 8 de xaneiro (Tíckets rexistrados do 22 de decemnro ao 7 de xaneiro)

  • 1 premio de 250€
  • 1 premio de 150€
  • 1 premio de 100 €
  • 1 Lote de productos da praza de abastos
  • 1 Lote de productos da praza de abastos

Sorteo 3 - Costa de xaneiro – luns 15 (Tíckets rexistrados do 5 de decemnro ao 14 de xaneiro)

  • 1.000€ único gañador

Para participar os clientes deben rexistrar os seus tíckets ou facturas de compra na web da ABE. Os tíckets do 22 de decembro ao 7 de xaneiro participan no sorteo 2 e todos os tíckets da campaña de Nadal (do 5 de decembro ao 14 de xaneiro) participan no sorteo final da costa de xaneiro do día 15 cun premio de 1.000€ para un so gañador.

Catálogo de premios

Recordar que todos os tíckets e facturas que se rexistren durante a campaña tamén acumulan o 10% do seu importe para cambiar por agasallos do catálogo de premios da ABE.

Sorteo lotes de xoguetes ,Photocall e buzón real para deixar as cartas

Recordar que a ABE ten instalado un photocal diante da praza de abastos, trátase dunha lona de mais de 2 metros na que as familias poden facerse fotos e depositar as cartas para Papa Noel e os Reis Magos.

Con todas as cartas depositadas ata o 5 de xaneiro realizarase un sorteo de 3 lotes de xogos. As cartas pódense recoller en calquera dos negocios participantes ou ben descargar e imprimir na casa dende a web da ABE.

Regalo de bolsas de algodón orgánico de comercio xusto

En paralelo ao sorteo os negocios asociados están entragando gratuitamente aos seus clientes 2.000 bolsas de algodón orgánico, que contan coa etiqueta de comercio xusto fairtrade, serigrafiadas a dúas cores co lema da patronal, o seu xa icónico #SOMOS BOIRO

 

A campaña do Nadal está financiada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Boiro.