PERSOAS PREMIADAS NA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN COMERCIAL CON MOTIVO DO DÍA DA NAI
- Sorteáronse 5 bonos ABE de 30€
- A campaña celebrouse entre o 15 de abril e o 1 de maio
Boiro 02 de maio de 2022
A patronal Boirense puxo en marcha unha campaña de promoción comercial coa finalidade de incentivar as ventas con motivo da festividade do día da nai.
No día de hoxe realizouse o sorteo de 5 BONOS ABE de 30€ cada un entre todxs xs clientxs que rexistraron os seus tíckets ou facturas das compras realizadas en calquera empresa asociada á ABE entre o 15 de abril e o 1 de maio. A campaña tivo moito éxito entre xs clientxs xa que, dentro das datas indicadas, realizáronse 328 rexistros.
Xs premiadxs aínda teñen a posibilidade de dobrar o seu premio se acreditan a condición de familia numerosa.
Como xa é habitual, os tíckets debían rexistrarse na web da abe (www.abe.gal)