PERSOAS PREMIADAS NA CAMPAÑA O PEQUENO FAINOS GRANDES
- Os clientes dos negocios asociados elixiron o seu cartel favorito da campaña e 3 dos votantes recibirán un pack verán de agasallo.
- Os 3 carteis mais votados recibirán o mesmo premio.
- En paralelo sorteáronse outros 3 packs verán entre os 3.369 tíckets rexistrados entre o 9 de maio e o 16 de xuño.
Boiro 17 de xuño de 2024
Na mañá de hoxe celebráronse na sede da ABE os sorteos dos premios da campaña o pequeno fainos grandes na que os protagonistas da campaña foron 9 traballos gañadores do I Concurso de carteis escolares SOMOS BOIRO no que participaron os centros de ensino da localidade.
Persoas premiadas
Os clientes dos negocios asociados puideron elixir o seu cartel favorito accedendo á web da ABE e votando no formulario habilitado entre o 9 de maio e o 16 de xuño, en total recibíronse 355 votos.
Entre todos os participantes sorteáronse 3 Packs Verán compostos por Esterilla XL, Neceser, Palas, Frisbie, Crema Solar, Balón, Botella e Bolsa que serán os mesmos premios que tamén se levarán os 3 carteis mais votados.
As persoas gañadoras foron:
- Maria Celia Cao Rodríguez
- Vicente
- Andrés
Os 3 carteis mais votados foron:
NOME E APELIDOS
|
IDADE
|
COLEXIO
|
LEMA
|
DAVID SIEIRA
|
9
|
CEIP SANTA MARÍA DO CASTRO
|
MERCA NO NOSO POBO E TERÁS MOITOS LOGROS
|
NICOLÁS SUÁREZ
|
9
|
CEIP SANTA BAIA
|
SER PEQUENO É GRANDE, MERCA NO TEU POBO
|
LÍA TARRIO
|
11
|
CEIP PRAIA XARDÍN
|
A SEMENTE DO COMERCIO LOCAL… MERCA NA TÚA VILA … MERCA EN BOIRO!!!
|
En paralelo a ABE puxo en marcha un sorteo especial vinculado a campaña entre todos os tíckets de compra rexistrados entre o 9 de maio e o 16 de xuño na web da asociación entre os que sorteáronse outros 3 packs verán.
Os tíckets rexistrados foron 3.369 e as persoas gañadoras e os negocios onde mercaron son:
- Vanesa Deán Romero – Farmacia Cimadevila
- Jose Luís Silva Triñanes – Claudio, A tenda de Pepa
- Mónica Blanco – Frutas Reyjosa