Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 

PUNTAZO ABE A NOVA CAMPAÑA QUE AGASALLA CON NEVEIRAS AOS CLIENTES 

 

  • O premio da campaña son 50 neveiras de praia de 16 litros
  • Soamente se precisan 50 puntos para acadala
  • Poden usarse os puntos acumulados ou rexistrar novos tíckets para sumalos
  • As solicitudes deben facerse a partir do 1 de xuño

 

Boiro 15 de maio de 2023

A ABE pon en marcha unha nova campaña de promoción comercial co obxectivo de premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados.

O puntazo ABE é unha campaña que debuta no programa de actividades da asociación Boirense e que está vinculada ao seu sistema de fidelización por puntos.

A partir do 1 de xuño os clientes que conten con 50 puntos acumulados poden utilizalos para conseguir un agasallo exclusivo, unha estupenda neveira de praia plegable de 16 litros con bandexa incorporada.

Para acumular puntos os clientes dos negocios asociados deben subir os seus tíckets ou facturas a web da ABE www.abe.gal e acumularán o 10% do importe en puntos ABE para cambiar por premios do catálogo ou por este premio especial do puntazo que se pode solicitar a partir do 1 de xuño ata esgotar existencias.

Os clientes que xa teñan acumulados os 50 puntos na súa conta poden usalos para conseguir a neveira e os que aínda non os teñan deben subir os tíckets canto antes para conseguir os puntos necesarios.

Ademais do premio especial do puntazo de verán os puntos pódense cambiar por vales de compra (100 puntos por 5€) ou por premios como maletas, carros da compra, auriculares bluetooth , cargadores inalámbricos  e moitos premios mais.

Na web da ABE está tanto o catálogo como a aplicación para rexistrar os tíckets.

 

 

 

Esta campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia.