Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

   REMATA CON ÉXITO A CAMPAÑA

DO DÍA DA NAI

 

  • Regaláronse mais de 2000 puntos aos clientes para cambiar por vales de compra ou agasallos.
  • Sorteáronse dous bonos ABE de 50€
  • Rexistráronse 608 tíckets en pouco mais dunha semana

 

Boiro 8 de maio de 2023

 

Na mañá de hoxe realizouse o sorteo dos premio da campaña que organizaba a ABE con motivo do día da nai e  que tiña como obxectivos premiar a fidelidade dos clientes e promocionar as vendas nos negocios asociados nesta data tan sinalada. 

As persoas premiadas con sendos bonos ABE de 50€ foron Valeria Ruiz Outeiral por unha compra realiza en Carnicería o Jalo e para Sara Lojo Sánchez por unha compra realizada en Mi Frutería.

Ambas poderán usar os seus bonos ABE en calquera dos 196 negocios asociados e sen caducidade. 

Ademais todos os clientes que realizaron as súas compras entre o 28 de abril e o 7 de maio e rexistraron os seus tíckets e/ou facturas en www.abe.gal acumularon o dobre de puntos para cambiar polos premios do catálogo que inclúen tamén bonos ABE para mercar nos negocios asociados. 

En total foron 608 rexistros, case 100 mais que os recibidos na campaña do día do pai, e regaláronse mais de 2.000 puntos extra.

Recordar que durante todo o ano os clientes dos negocios asociados poden rexistrar tíckets e facturas e acumular puntos para cambiar por bonos ABE ou agasallos e que eses rexistros tamén valen para participar en sorteos de premios e/ou campañas como a do dia do pai.

 

Esta campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia.