Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

  ROSA BARCALA GÓNZALEZ, CETAREA ANGEL MAR E COAXIAL PREMIOS ABE 2023

 

  • O prazo das votación finalizou o pasado venres e bateuse o récord de votacións.
  • O premio de honra recae nunha das comerciantes con mais tradición da localidade
  • A gala terá lugar o venres 17 de novembro na Pousada da Galiza Imaxinaria

 

Boiro 7 de novembro de 2023

 

Finalizado o prazo para que os socios e socias da ABE escolleran aos gañadores dos premios deste ano cabe destacar a altísima participación xa que batéronse todos os récords do certamen con 696 votos.

En canto as curiosidades podemos indicar que na categoría de mellor comercio ata 59 empresas diferentes recibiron votos e na de mellor empresa 67.

Na categoría de mellor comercio o gañador desta edición foi Cetárea Angel Mar, unha empresa familiar adicada á venda de pescado e marisco galego dende 1998.

A cetárea situase en Triñáns (Boiro), en pleno corazón da Ría de Arousa, e dende os inicios caracterízanse por ser unha empresa que aposta pola innovación ao distinguirse da competencia pola estabulación de bivalvos en circuíto pechado, sen necesidade de captar auga directamente do mar. Deste modo a depuración non require da utilización de produtos químicos, xa que combina varios sistemas de esterilización (raios ultravioleta, carbón activo, filtros biolóxicos...) para a separación das impurezas ata chegar ao paso mais novidoso que é a esterilización con ozono.

 https://angelmar.es/

Na categoría de mellor empresa a gañadora foi Coaxial, empresa que da servicio e asesoramento profesional dende 2015 en áreas de telecomunicacións, electrónica e electrodomésticos.

Realizan dende traballos técnicos domésticos ata infraestruturas complexas coas mellores marcas do mercado e sempre atentos as novidades que este ofrece.

A súa política de traballo basease na profesionalidade, eficiencia e garantía de resultados, asegurándose que os clientes sexan atendido de maneira rápida e eficaz facendo un seguimento continuo en cada intervención buscando sempre a súa máxima satisfacción.

https://www.coaxialboiro.com/

Premio de honra

Está é unha categoría introducida hai dúas edicións. Un premio que decide a Xunta Directiva da asociación e que trata de poñer en valor a traxectoria dunha persoa empresaria na que a súa xestión representara un exemplo para os emprendedores da localidade e que a empresa que lidera tivera unha traxectoria destacada.

Nesta edición o galardón recae en ROSA BARCALA GÓNZALEZ, empresaria propietaria da Xoiería e Reloxeria Teixeira.

O establecemento abriu as súas portas no ano 1968, da man do marido de Rosa, Agustín Teixeira, que desgraciadamente falece no ano 1992, quedando dende ese momento o negocio a cargo exclusivo de Rosa, quen levaba traballando nel, desde o ano 1987.

Rosa, compaxinou a sua labor empresarial coa de voluntariado, comezando no ano 1993 a dirixir grupos familiares en Proxecto Home. Tras anos facendo este labor, non ano 2008 foi elixida presidenta dá Asociación de familias de Proxecto Home Galicia, labor que levou a cabo ata este ano 2023.

Actualmente, se ven xubilouse este ano, segue mantendo a dirección do negocio, o cal xa desenvolve a seguinte xeración, os seus fillos José Luis e Marieta, achegando a modernización tanto en maquinaria, cando falamos do taller, como en redes sociais e métodos de venda actuais

https://joyeriateixeira.es/

A directiva argumentou os seguintes motivos para a elección deste gañador:

  • Pola súa ampla e contrastada traxectoria empresarial ao fronte dun dos comercios con mais tradición da localidade.
  • Pola súa contribución ao desenvolvemento económico do pobo.
  • Pola súa vertente social ao colaborar con diferentes entidades e proxectos de voluntariado.
  • Pola súa capacidade de traballo, esforzo e adicación ao negocio.

 

Gala de entrega de premios

 

A gala terá lugar o vindeiro venres 17 de novembro a partir das 20:30 hs na POUSADA DA GALIZA IMAXINARIA.

A presentación do acto recaerá na actriz, monologuista e presentadora Marta Doviro.

A entrada é exclusivamente con invitación e contaremos con Photocall, musica, pinchos, coctelería e sobre todo a presenza do tecido empresarial Boirense no que será a festa dos empresarios de Boiro.