Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

 

REMATA A CAMPAÑA DO NADAL DA ABE CON RÉCORD DE PARTICIPACION

 

As últimas persoas premiadas son Sara Paz, Alicia Romero e Romina Porto con bonos de 100€ para gastar sen caducidade en calquera dos 207 negocios asociados a ABE.

Nos 30 días que da campaña rexistráronse 6822 tíckets de compra e o sábado 4 de xaneiro batéronse todos os récords de rexistros con 565 nun so día.

O acto de entrega de premios será este venres 10 de xaneiro ás 13:45 na ABE ao que asistirá o Director Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, e os comercios onde se rexistraron os tíckets gañadores seredes os encargados de entregarllo ao voso cliente.

 

Boiro 8 de xaneiro de 2025

 

Na sede da patronal de Boiro, tivo lugar os últimos sorteos da campaña do Nadal correspondentes a os días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2025.

Nos 30 días que durou a campaña rexistráronse na web da ABE 6.822 tíckets e facturas e o sábado 4 bateuse o récord de rexistros nun so día con 565. 

As 6.822 compras rexistradas supón o récord absoluto de todas as campañas realizadas ata este momento superando en case 2.000 aos rexistrados na campaña do nadal do pasado ano.

Neste punto queremos dar a noraboa a tódalas empresas asociadas pola difusión e participación na campaña e destacar a boa acollida dos clientes tanto da campaña como do sistema de rexistros de tíckets online polo que a ABE ben apostando nos últimos anos e agora está dando estes magníficos resultados.

 

Actualmente conta con 4.017 usuarios activos que este ano rexistraron 33.885 tickets de compra dos 207 negocios asociados.

Premios e premiados

Os tres últimos bonos de 100€ recaeron en Sara Paz (Electrodomésticos Otero), Alicia Romero (Cetarea Angel Mar) e Romina Porto (A Terraza do Furancho) que os poderán gastar sen caducidade en calquera dos 207 negocios asociados a ABE

Sorteo de 3 festas de cumpreanos

Ademais sorteáronse 3 festas de cumpreanos valoradas en 100€ cada unha entre os centos de cartas que os cativos de Boiro depositaron no buzón real.

Os gañadores foron:

Leo Alonso ( 9 anos)

Marcos (9 anos)

Daniela (4 anos)

 

Listado completo de persoas premiadas na campaña do Nadal.

Acto de entrega de premios

 

O acto de entrega de todos os premios será este venres 10 de xaneiro ás 13:45 na ABE e contaremos coa presenza do Director Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Gabriel Alén que ademais de participar na entrega dos premios aproveitará para conversar cos comerciantes asociados sobre as liñas de axuda que a Xunta vai a publicar este ano.

Ao acto de entrega de premios están invitados todos os socios da ABE e os comercios que deron algun premio serán os encargados de entregarllo ao cliente.

 

Ao remate servirase un pincho e un viño.

 

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar