Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

SANDRA TRIÑANES LÓPEZ GAÑADORA DOS 1.000€ DO SORTEO PRESENCIAL DA NOITE ABERTA

  

  • A premiada realizou tres compras en diferentes negocios participantes
  • O premio de 1000€ pode utilizalo en calquera dos mais de 200 negocios asociados e non ten caducidade.
  • Miles de persoas ateigaron as rúas de Boiro na xornada do sábado.
  • A patronal de Boiro anima aos comercios non asociados que participan nesta e outras campañas a asociarse e contribuír a que se poidan seguir realizando.

Boiro 28 de novembro de 2023

 

Non fixo falta sacar mais que una rifa para coñecer a persoa afortunada  que se levou os 1.000 euros en vales de compra que sorteou a Asociación Boirense de Empresarios (ABE) coincidindo coa celebración dunha edición especial da Noite Aberta.

Sandra Triñanes López, que contaba con tres participacións por facer 3 compras en diferentes negocios participantes foi a agraciada co premio, que recibiu de mans do presidente da patronal boirense, Daniel García.

Centos de persoas asistiron ao sorteo presencial celebrado a pe de rúa ilusionadas en poder acadar o premio de 1.000 € en bonos ABE para utilizar sen caducidade en calquera dos mais de 200 negocios asociados.

Máis de una trinta negocios sumáronse a esta iniciativa que se desarrollou este venres e sábado, sinalizados con globos rosas elaborados para la ocasión. Ademais de descontos e campañas especiais, talleres e actividades para los más pequenos, así como actuacións musicais.

Agradecer aos clientes e veciños a participación na Noite Aberta e que nos acompañaran neste día tan especial facendo das rúas de Boiro unha marea de xente, en especial na tarde do sábado. Mil gracias a todos por mercar nos negocios locais e tamén agradecer a participación dos negocios asociados e a súa colaboración para que a xornada fora todo un éxito.

Animar aos negocios que non se sumaron a esta cita a facelo nas vindeiras xa que quedou demostrado que a Noite Aberta é transversal e que pode encaixar en calquera tipo de negocio como foi desta volta o taxi nº5 que animou aos seus clientes a participar no sorteo dos 1.000€

Finalmente facer mención aos negocios que non están asociados a ABE pero que participan nesta e outras actividades que organizamos que se asocien; en primeiro lugar porque unha imaxe unificada lles beneficiaria e ademais os seus clientes poderían participar nos sorteos e premios que se poñen en xogo e en segundo lugar porque ademais de que é xusto que contribúan igual que o resto de comercios asociados axudarían a que esta e outras actividades sigan crecendo