Xa temos todo preparado para celebrar a segunda edición de Boiro Cool Market, o mercado de moda e tendencias que sorprendeu a clientes e visitantes na súa primeira edición e que volverá a celebrarse os días 17, 18 e 19 de marzo no local multiusos da praza de abastos Boirense.
Boiro Cool Market plantéxase coma un mercado de sensacións, no que os stands adicados á venta de roupa, calzado, complementos, deportes ou moda infantil comparten espazo con artistas locais que expoñen e venden as súas obras, degustacións e sesión vermú, obradoiros de moda para adultos, espectáculos infantís, charlas, presentacións e mesas redondas ao redor do mundo da moda e moita música en directo.
Horarios
Venres 17
De 17:00 a 21:30 horas
Sábado 18 e domingo 19
De 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:30 horas.
Zona de compras
Mais de 200 metros cadrados de zona de compras a prezos oulet na que poderás atopar os produtos de ZAPATERÍA DESCALCIÑOS, ALGODÓN DOCE, PANADERÍA SUSI, MI VESTIDOR AZUL, THE DESIRE SHOP, IMAN MODA, PACOS MODA, CORDONS E VELCRO, ZAPATERÍA LAURA, DEPORTES BRINCOS, RULES MULTIMARCA E DEPORTES HERMIDA.
Música en directo
O venres contaremos coa actuación dun dos combos da Escola de Música de Boiro que realizarán un tributo ao mellor do pop e rock nacional e internacional e para o sábado temos unha actuación de luxo, trátase de Nastasia Zürcher, premio Martín Códax da Música 2016 e que pasará polo BCM onde realizará un miniconcerto que servirá de avance para a súa actuación na Pousada das Ánimas ese mesmo sábado pola noite. Todo un luxo para os visitantes do mercado que poderán desfrutar de preto das cancións da artista galego suiza do que todo o mundo fala.
Arte
Como na anterior edición as paredes do mercado de Boiro convertiranse nunha enorme galería de arte onde poderemos ver e mercar as obras de varios artistas da galería LA DOCE.
Obradoiros de moda
O venres pola tarde terá lugar o obradoiro de creación de tocados con flores secas impartido pola creadora boirense Dianne Onlooker para o cal os interesados deben inscribirse na ABE canto antes xa que as prazas son moi limitadas. (Inscrición 12 €)
+ INFORMACIÓN TALLER
O domingo tócalle o turno os mais cativxs xa que aprenderan a dar os primeiros pasos no mundo da moda cun taller gratuíto de estampado impartido polo colectivo creaturas.
Faladoiros
Outro dos puntos fortes do evento é a visibilización do sector textil e da moda boirense para o cal celebraremos dúas mesas redondas.
A primeira sobre o mundo dos blogs de moda na que participarán Cristina Cerqueiras, María Alborés e Eva Outeiral.
A segunda MULLERES DO TEXTIL no mes da muller traballadora no que falaremos da evolución do textil na comarca.
Proxeccións
Un apartado que se estrea nesta segunda edición de BCM e o das proxeccións de documentais sobre o sector, destacando a estrea en Boiro do documental FÍOS FORA de illa bufarda e Amarante Setem que terá lugar o domingo 19.
Na tarde do sábado o turno será para A FÁBRICA de Marcos Nine.
Sesión vermú
Tanto para o medio día do sábado como para o do domingo teremos degustacións gratuítas de vermú para todxs os que vos acheguedes a visitar o mercado que irán acompañadas da mellor música do momento.
Actividades infantís
Tamén nas xornadas de venres, sábado e domingo contaremos con actividades para que os mais pequenos da casa tamén poidan desfrutar do evento.
Sorteos
Os comercios participantes entrgarán con cada compra rifas para o sorteo de 100 € en vales de compra. O sorteo será presencial e celebrarase o domingo 19 ás 20:00 horas.