Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

Comezamos a segunda parte da campaña TODXS SOMOS BOIRO  estrenando un vídeo que pon en valor o traballo do tecido empresarial Boirense e que apela a unidade nestos tempos dificiles que vivimos. 

Poderase visualizar nas plataformas Youtube – Vimeo – www.abe.gal – Facebook – Instagran

O video fala de emocións, de sentimentos, de cooperación e sobre todo da interación dos sectores produtivos co pobo e como influen no seu crecemento.O texto é un precioso alegato ao asociacionismo que agardamos vos guste tanto como a nos.

 

Pregamos a máxima difusión e agradecemos de antemán a vosa colaboración.

 

Texto da locución do vídeo

 

“Unha relación natural, complexa, persistente.

Un ecosistema poboado por diversos organismos que conviven en mutua necesidade.

Unha interdependencia delicada, intricada, de aparente normalidade.

 

A vida nunha vila e como a coñecemos grazas a suma dos que a habitan.

Nela exercen a súa esencial función.

Unha continua interacción entre veciños, comercios, servizos  e espazos públicos nos que reside parte da súa identidade.

Son as caras coñecidas detrás da pequenas cousas do día a día.

 

Abrigo, sustento, transporte, entretemento forman parte fundamental do tecido deste ecosistema e que tamén fan posibles esas experiencias que tanto valoramos.

Pero as veces, algo cambia, prodúcese un desequilibro e o ecosistema treme.

É entón cando se fai mas palpable fronte a fraxilidade do individuo son os organismos que cooperan os que perduran.

Necesitámolos do mesmo xeito que eles nos necesitan a nos

Somos todos os que nos necesitamos e axudamos, os que persistimos.”

 

TODXS SOMOS BOIRO

 

 

Xa podedes visualizalo premendo na imaxe.