Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto


TRIWUS E IN9 PRESENTES NA GALA DOS DOLMEN


O pasado venres 16 celebrouse a XXVII edición dos premios Dolmen de Ouro nos que en representación da ABE participaron IN9 e TRIWUS que pese a non acadar o premio do Dolmen de Ouro recibiron un recoñecemento.

O comité de expertos decidiu que: Confitería Dominga levase o dolmen na modalidade de Empresa Familiar, Infonova en Implantación de I+D+i, Fesba no apartado de Innovación, Aldea os Muíños en Promoción Turística e por último, Sistemas Eficientes Ecofogar en Iniciativa Emprendedora.

Ao concluír a entrega das cinco estatuillas comezaron as sorpresas. Belén Xestal anunciou o primeiro premio honorífico da noite, que o presidente da FEB, José Ramón Romero, entregou á asociación Cogami e o segundo foi para Manuel Tomé, presidente da Asociación de empresarios de A Pobra pola súa traxectoria ao longo de mais de 20 anos.

Dende a ABE sumámonos a estes recoñecementos así como agradecer a participacións das nosas empresas nesta edición dos premios.

 

 

 

 

COMPARTE

_