Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 

TURISMO, CULTURA E PATRIMONIO PROTAGONISTAS DO FALAME SEMPRE DA ABE

  • A nova edición do evento conseguiu un cheo total no salón de actos da patronal Boirense
  • Nesta ocasión o tema elixido é turismo, cultura e territorio
  • Os 5 poñentes tiveron pouco mais de 6 minutos para explicar a súa experiencia baixo o formato pecha kucha

 

Boiro, 21 de abril de 2023

 

Na noite de onte a A.B.E. coa colaboración do CONCELLO DE BOIRO organizaron unha nova edición dun dos eventos mais agardados na programación anual da asociación, o pecha kucha de experiencias innovadoras con empresas creativas que nesta ocasión tratou sobre Turismo, Cultura e Patrimonio.

Nun salón de actos cheo ata a bandeira os 5 poñentes contaban con pouco mais de 6 minutos para contarnos a súas experiencias xa que para as presentación usouse o formato Pecha Kucha de 20 imaxes que se proxectan cada 20 segundos.

O acto abriuno o presidente da ABE, Daniel García que se amosou exultante xa que ” por causa da pandemia non se celebraba o Fálame Sempre dende 2019 e éncheme de ledicia vervos a todos de novo enchendo o salón de actos da ABE, antes de darlle paso ao presentador do acto, Alberto García, quixo facer un pequeno balance dos últimos meses na asociación destacando que “o número de socios leva 3 anos en continuo crecemento e o importe e numero de subvencións tramitadas e concedidas aos socios tamén. Puxemos en marcha proxectos tan importantes como un sistema de fidelización propio e fomos quen de emitir os nosos propios bonos negocios 10 sen financiación externa”

Para finalizar amosou o seu desexo de “conseguir un triplete e tratar de ser a única asociación de España que conte cun accésit, unha mención especial e un premio nacional de comercio, para elo traballamos e nos esforzamos cada día”

*A ABE obtivo en 2015 e 2019 unha mención especial e un accésit nos premios nacionais de comercio do Goberno de España.

Finalizada a presentación, Alberto García, asumiu a presentación do acto dando paso a primeira da poñentes, Fatima Cachafeiro, Xerente de Barbanza Arousa que expuxo as liñas principais do proxecto que foi beneficiario dos fondos next generation e entre outras cousas “servirá para impulsar en Boiro a transformación dunha antiga fábrica situada en Escarabote nun museo da conserva”

En segundo lugar, José Crusat e Antonio Saborido, dous dos bodegueiros adscritos a IXP Terra de Barbanza e Iria, explicaron o traballo que realiza a IXP en canto a recuperación de viñedos e variedades e como o viño pode ser factor importante de fixación de poboación como indicaba José “a miña intención é que as vindeiras xeracións poidan vivir do traballo que se realiza na bodega e iso serva para que non teñan que buscar oportunidades laborais fora da comarca”

E do viño pasamos á restauración da man de Luis Tobar propietario de Restaurante Moanin, un local que “nace do desfrute e a paixón de degustar sabores e comidas do mundo co obxectivo de sorprender ao cliente”

De especial interese foi o proxecto de redución de plásticos nos servizos de comidas mediante o cal “nos últimos 2 anos conseguimos eliminar o equivalente a 15.000 botellas”

Chegados a este punto o presentador presenta a Iria Caamaño que ofreceu unha visión mais académica da utilización do Patrimonio Industrial  xa que “unha parte importante da estratexia turística proposta para a comarca do Barbanza refírese a posta en marcha dun museo da conserva” , Iria, que é Doutora en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade de A Coruña, profundizou sobre este tipo de recursos  poñendo numerosos exemplos de dentro e fora do país de como se pode explotar turisticamente.

Para finalizar foi a quenda de Carlos Montilla promotor dos festivais 17° Ribeira Sacra Festival, Esférica Rioja Alavesa e Nómade Alcusses-Alforins que forman parte da familia de Festivales Para Un Territorio e como explicou “estes tres festivais celébranse en territorios con diferente orixe e linguas diversas, pero todos teñen algo en común: a súa riqueza patrimonial, artística, histórica e vinícola, con grandes perspectivas de desarrollo”

Ademais profundizou indicando que “cada evento está deseñado a medida do seu territorio, cultura e riqueza, e en todos eles teñen cabida a música, o arte, a terra e a gastronomía. Neles encontrarás música en directo en escenarios singulares, unha selección coidada da mellor gastronomía elaborada con produtos locais e de calidade e un entorno privilexiado que admirar”

O acto pechouse coa intervención do alcalde de Boiro na sua función de presidente de Barbanza Arousa que quixo destacar “a  puxanza do sector turístico da comarca e o enorme potencial que aínda ten por desarrollar” ademais quixo poñer en valor “ o traballo da ABE a prol do tecido empresarial local e darlle a noraboa pola organización do evento”

Unha vez rematado o evento público, organización e poñentes puideron desfrutar duns pinchos nun ambiente distentido.