Un sorteo final para lembrar
O sábado 23 de agosto, a Praza do Concello de Boiro converteuse no corazón da nosa vila. Máis de 4.000 persoas asistiron ao gran sorteo final da campaña Boiro, Compras con Corazón, enchendo o espazo de alegría, emoción e vida.
Foi unha xornada que superou todas as expectativas, froito da confianza de tantas persoas que apoiaron o comercio local durante estes días. Cada rifa, cada compra e cada participación fixeron posible esta festa compartida.
Desde a Asociación Boirense de Empresas queremos darvos as grazas: ao público, aos comercios participantes, aos colaboradores á Xunta de Galicia e ao Concello de Boiro e a todas as persoas que fixeron que esta campaña fose un auténtico éxito.
Aquí vos deixamos unha galería de imaxes que recollen parte da máxica atmosfera vivida.