VOLVEN AS QUINCENAS FÁNTASTICAS, A CAMPAÑA DE VERÁN DA ABE QUE REPARTE 3.000 € e 4 BICICLETAS EN PREMIOS
- A campaña desenvolverase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto
- Os premios aumentan en 1.000 € respecto do pasado ano xa que sumase un premio final desa cantidade para un único premiado.
- As bicicletas están rotuladas co logotipo da Alianza Galega polo clima, entidade á que a ABE pertence dende este mesmo ano.
Boiro 29 de xuño de 2023
Co inicio do verán volve unha das campaña mais importantes da patronal de Boiro e nesta ocasión con aumento de premios, xa que sortearanse 3.000 € en bonos ABE para mercar en calquera das mais de 200 empresas asociadas e 4 bicicletas, unha por quincena.
A campaña presentouna na mañá de hoxe o presidente da ABE, Daniel García, acompañado do alcalde de Boiro , José Ramón Romero e a localización elixida foi a entrada do mercado municipal onde están colocadas dúas enormes lonas coas fotos dos empresarios locais que protagonizan a campaña Xuntos sumamos.
O presidente explicou que a nova campaña denominada Quincenas Fantásticas “vaise desenvolver entre o 1 de xullo e o 31 de agosto e sortearemos 500 € e unha bicicleta ao remate de cada unha das 4 quincenas, ademais como novidade desta edición un premio final de 1.000 para unha soa persoa”
García quixo destacar que “ dende a ABE fixemos un esforzo por potenciar esta campaña aumentando en 1.000€ os premios da mesma sendo o total de 3.000€ mais as 4 bicis o premio mais alto na historia da asociación nunha campaña que non fora o nadal”
Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos socixs da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal
Obxectivos da campaña
O presidente insistiu que “esta campaña pretende poñer en valor os negocios asociados nunhas datas nas que Boiro recibe numerosos visitantes amosando a variedade e calidade do tecido empresarial local e o seu dinamismo ademais trata de potenciar as vendas, fidelizar aos clientes e atraer a outros novos atraídos polos premios que se sortean”
Bicicletas e alianza galega polo clima
A ABE no seu compromiso pola sustentabilidade e coidado do medio ambiente aposta polas bicicletas como premio para esta campaña dende a edición do pasado ano.
Este compromiso veuse reforzado este mes de maio xa que foi a primeira entidade empresarial de Galicia en ser admitida na Alianza Galega polo clima e por este motivo as 4 bicicletas que se sortearán luciran o logotipo da alianza así como o lema “Cando pedaleas, todo vai sobre rodas”
Para finalizar García explicou que “a utilización do logo da Alianza é unha facultade exclusiva dos membros e serve para refrendar a aposta do noso colectivo polo medio ambiente e ademais fan que as bicis da ABE sexan únicas”
Sorteos cada quincena
- Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de xullo >> sorteo o 17 de xullo
- Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de xullo >> sorteo o 1 de agosto
- Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto
- Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 1 de setembro
A organización reservase o dereito a mover algunha das datas do sorteo se forse preciso o cal o comunicará na web e redes sociais.
Premios
3000 € + 4 bicicletas
500€ cada quincena + 1 bicicleta
- 1 premio de 250 €
- 1 premio de 150 €
- 1 premio de 100 €
1.000 € premio final entre os tíckets rexistrados en toda a campaña.
A CAMPAÑA ESTÁ COFINANCIADA POLA XUNTA DE GALICIA