VOLVEN OS PREMIOS ABE Á EXCELENCIA EMPRESARIAL
- Xa está aberto o período de votacións
- Entregaranse os premios a mellor comercio, mellor empresa e premio de Honra
- A gala terá lugar o 17 de novembro na Pousada da Galiza Imaxinaria
Boiro 19 de outubro de 2023
Tralo éxito da edición do pasado ano na que xuntáronse mais de 150 persoas na gala de entrega dos Premios ABE á excelencia empresarial, a ABE abre hoxe o período de votacións para a edición de este ano.
As empresas asociadas xa poden votar para elixir entre os 201 socios da patronal quenes serán a mellor empresa e o mellor comercio de 2023.
Para votar so teñen que acceder ao formulario e elixir aos comercios e empresas favoritas coa única limitación de non elixir aos gañadores de edicións anteriores.
O prazo comeza hoxe e remata o venres 3 de novembro.
Ademais deses dous premios a directiva da ABE outorgará o premio de honra a unha persoa empresaria recoñecendo a súa traxectoria e aportación a economía local.
A gala deste ano celebrarase na Pousada da Galiza Imaxinaria o venres 17 de novembro.
Histórico de premiados
|
ANO
|
MELLOR COMERCIO
|
MELLOR EMPRESA
|
PREMIO DE HONRA
|
|
2017
|
FARMACIA CIMADEVILA
|
A POUSADA DA GALIZA IMAXINARIA
|
|
|
2018
|
BALDANI CONCEPT STORE
|
LA DOCE
|
|
|
2019
|
SUPER CLAUDIO A TENDA DE PEPA
|
MOAI
|
|
|
2021
|
THE DESIRE SHOP
|
JEALSA
|
JOSÉ GARCIA SÁNCHEZ
|
|
2022
|
CARNICERÍA MONCHO BOGA
|
A TERRAZA DO FURANCHO
|
JOSÉ ESPAÑA SILVA
|