Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

Tralo parón obrigado pola covid do pasado ano retomamos os Premios ABE á excelencia empresarial, os premios nos que os socios da ABE votan entre os compañeir@s para elixir á mellor empresa e ao mellor comercio de 2021.

 Como este ano é especial temos varias novidades:

  1.  Non saberemos o nome da empresa e comercio premiados ata o día da gala de entrega de premios. Os 3 mais votados de cada categoría serán finalistas e será na gala cando se desvele o nome dos gañadores. Os finalistas tamén recibirán un recoñecemento.
  2.  Implantamos un novo premio Honorífico que elixirá a directiva da ABE. Nesta categoría destacase ao empresario que a súa xestión representara un exemplo para os emprendedores da localidade e que a empresa tivera xerado riqueza e emprego en Boiro.
  3.   A gala deste ano celebrarase na Pousada da Galiza Imaxinaria.Faise alí por dous motivos: para ter mais aforo, poder gardar distancia de seguridade entre os asistentes e como mostra de apoio ao sector do ocio nocturno, un dos mais danados pola covid.
  •  O prazo de votacións vai do 19 de outubro ao 8 de novembro.
  • 9 de novembro anunciaremos os finalistas e o premio de honra.
  • A gala terá lugar o xoves 18 de novembro a partir das 20:30 horas na Pousada da Galiza Imaxinaria.
  • Na gala contaremos con presentador, monologuista, photocall, música, comida e bebida para celebrar a gran festa dos socios e socias da ABE.