Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

XA SE COÑECEN OS GAÑADORES DOS PREMIOS DA CAMPAÑA DOA UN SORRISO

No mediodía do martes 31 de outubro tivo lugar na sede da ABE o sorteo dos premios da campaña de doazón promovida por Clínica Dental Rebeca Ozores, en colaboración coa Asociación Boirense de Empresarios, a favor de Cáritas Boiro e Cruz Vermella Boiro nos establecementos do noso concello.

Ao sorteo acudiron:

–         Rebeca Ozores Nine, xerente de Clínica Dental Rebeca Ozores

–         Daniel García, presidente da ABE

–         Ricardo López, Vicepresidente de Cruz Vermella Boiro

–         José Ramón Romero, alcalde de Boiro

–         Raúl Romero, concelleiro de Servizos Sociais

 

As persoas gañadoras dos premios foron:

  • Bono ABE de 50€ para Favi Quintáns
  • Bono ABE de 50€ para Ana Abreu González
  • Estancia para dúas persoas nas Cabaniñas do Bosque de Outes para Maria Josefa Piñeiro.

Tamén se sorteou outra noite nas Cabaniñas do Bosque entre todos aqueles establecementos que se sumaron á campaña que foi para Bives Tour.

Dende a ABE queremos agradecer aos 42 establecementos que participaron na campaña xa que gracias a eles a recollida foi un éxito, cunha gran cantidade de doazóns, tanto de alimentos como de produtos de hixiene e limpeza, prendas de roupa, material escolar...

Durante a xornada do martes a organización recolleu os produtos polos establecementos e realizou os sorteos en cada un deles de 1 bono de 100 para utilizar na clínica dental Rebeca Ozores e será a propia clínica a que contactará coas persoaS premiadas.

 

Os establecementos colaboradores foron

(Supermercado Claudio-Jomi Cabo de Cruz, Viñas Soluciones Informáticas, Mercamás Cabo de Cruz, Farmacia Cimadevila, Boiro-Tenda, ABE, Regueira Vázquez Asesores, Bivestour, Cosmos, Julietabebes, Librería Cisne, Señor Balón, Lisvaz, Banco Mediolanum, Clínica Dental Rebeca Ozores, Academia Eva, Davisan, Baldani, Ferretería Tucho, Brincos, Trazos, Muchas, Elena Torrado Decoración, Véxote, Cruz Roja,  IES Espiñeira, Alecrín Floristería, Drolim, Electrodomésticos Otero, Rule's, Boiro Inyección, Inmobiliaria O Cruceiro, Uttap 3.Catorce, Sheyla Figueroa, Sargadelos, Crisel, Lookbooky, Mia Shop, Libraría Espazo Lector Nobel, Nino Pieri, Opticalia Boiro e Josefina)