XA SE COÑECEN OS PREMIADOS DA SEGUNDA QUINCENA E DE NOVO BATÍRONSE RECORDS DE PARTICIPACIÓN
- Na segunda quincena rexistráronse 1.581 o que supón a cifra mais alta da historia da campaña.
- Sorteáronse 500 € en vales de compra e 1 bicicleta plegable.
- As persoas gañadoras realizaron as súas compras en Herboristeria Fiuncho, Cervecería Gilligans, Carnicería M. Boga e Congelados Digna.
Boiro 1 de agosto de 2023
Na mañá de hoxe, na sede da patronal de Boiro, tivo lugar o sorteo dos premios da segunda das quincenas da campaña de verán da ABE entre os 1581 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 16 e o 31 de xullo.
Os 1.581 rexistros volven a ser récord da campaña superando en 200 os da primeira quincena e en mais de 500 os da edición de 2022, datos que demostran a boa acollida da mesma por parte dos clientes.
A entrega de premios terá lugar este xoves ás 13:45 hs na sede da ABE e entregaranse conxuntamente os da 1ª e 2ª quincena.
Próximos sorteos
A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e aínda se van sortear 500 € e 1 bici ao remate de cada unha das 2 quincenas restantes do verán (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros + a bici) e un premio especial de 1.000 e para un único agraciado no que participarán todos os rexistros do verán
Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE e rexistrala en www.abe.gal
A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia