XA SE COÑECEN OS PREMIADOS DA TERCEIRA QUINCENA FANTÁSTICA DA ABE
- Rexistráronse 1.525 tíckets, 356 mais que na mesma quincena do ano pasado.
- Sorteáronse 500 € en vales de compra e 1 bicicleta plegable.
- As persoas gañadoras realizaron as súas compras en Hipermarket Haomai, Mi frutería, Panadería Ourille e Café Literario Ágora.
Boiro 16 de agosto de 2023
Na mañá de hoxe, na sede da patronal de Boiro, tivo lugar o sorteo dos premios da terceira das quincenas da campaña de verán da ABE entre os 1525 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 1 e o 16 de agosto.
Os 1.525 rexistros supoñen un incremento de 356 sobre os rexistrados na mesma quincena do pasado ano e quédanse a tan so 56 do récord de rexistros que se estableceu na segunda quincena do mes de xullo.
A entrega de premios será na primeira semana de setembro xa que se realizará xunto cos premiados da última das quincenas de agosto.
Próximos sorteos
A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e aínda se van sortear 500 € e 1 bici correspondestes á segunda quincena de agosto e un premio especial de 1.000 para un único agraciado no que participarán todos os rexistros do verán
Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE e rexistrala en www.abe.gal
A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia
Sorteos cada quincena
Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de xullo >> sorteo o 17 de xullo
Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de xullo >> sorteo o 1 de agosto
Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto
Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 4 de setembro
|