Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 

   XUNTOS SUMAMOS A NOVA CAMPAÑA DA ABE

 

  • Os protagonistas son 8 socios da patronal e 8 clientes.
  • Dende o 2 de xuño pódense ver polas rúas de Boiro en diferentes soportes.
  • Poranse en circulación 2000 bolsas de algodón a través dos negocios asociados

 

Boiro 2 de xuño de 2023

 

Xuntos sumamos é o lema da nova campaña da Asociación Boirense de Empresarios que dende hoxe está moi presente nas rúas da vila. 

Os protagonistas da campaña son 8 socios da patronal que posan xunto con 8 dos seus clientes amosando a diversidade e variedade de negocios que podemos atopar en Boiro. 

Comercio minorista e maiorista, praza de abastos, hostalería, servizos, industria, construción e profesionais independentes son os sectores protagonistas da campaña que estarán visibles en formato físico nas farolas do pobo en forma de pancarta e nos monolitos das rúas peonís.

A maiores nesta ocasión elaboráronse dúas pancartas xigantes de 16 metros cadrados que estarán situadas na fachada da praza de abastos, en pleno centro da localidade. 

O lema da campaña #xuntossumamos incide por unha banda no carácter multisectorial da asociación e a capacidade que ten de aglutinar a todos os sectores produtivos e por outra a capacidade de estar sempre ao lado dos cliente dos negocios asociados para seguir medrando.

A campaña física irá acompañada dunha campaña de mk dixital onde iremos coñecendo a cada un dos protagonistas a través da foto que lle realizou xunto co seu cliente.

 

Bolsas de algodón

 

Para complementar a campaña a ABE porá en circulación a través dos negocios asociados 2.000 bolsas de algodón que entregaranse gratuitamente aos clientes polas súas compras.

As bolsas irán serigrafiadas co lema da campaña e poderanse conseguir a partir do 30 de xuño coincidindo co inicio das festas de Boiro.

A campaña conta coa colaboración do concello de Boiro.

.