Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

BOIRO ABERTO ACADA UNHA MENCIÓN ESPECIAL NOS PREMIOS NACIONAIS DE COMERCIO 2015


A ABE, e en concreto o seu Centro Comercial Aberto, BOIRO ABERTO CCU, están de noraboa xa que vimos de ser distinguidos polo Ministerio de Economía e Industria do Goberno de España cunha MENCIÓN ESPECIAL nos premios nacionais de comercio 2015 no apartado de centros comerciais abertos.

Os Premios Nacionais de Comercio Interior creáronse no ano 1997 para distinguir a especial labor dos concellos nas súas actividades de renovación urbana comercial, e dos pequenos comercios, na súa labor de desarrollo comercial e modernización empresarial. Na actualidade, os Premios constan dunha terceira categoría, relativa ao Premio Nacional de Centros Comerciais Abertos.

Así , os premios Nacionais de Comercio son o máximo galardón que entrega o estado en recoñecemento o traballo a prol do pequeno comercio, feito que supón un enorme orgullo ademais do recoñecemento ao traballo realizado pola nosa entidade dende que en 2005 se creou o cca de Boiro.

A entrega desta mencións especial realizarase no salón de actos do Ministerio de Economía e Competitividade situado no Paseo da Castellana, Madrid, o vindeiro martes 27, ao que asistirán en representación de Boiro Aberto o seu presidente Óscar España e o Xerente, Tomás Estévez.

O acto será presidido polo Secretario de Estado de Comercio, D. Jaime García-Legaz Ponce, máxima autoridade a nivel nacional en materia comercial.

 Agradecementos.

Dende ABE-BOIRO ABERTO CCU queremos agradecer en primeiro lugar ao xurado dos premios ter valorado o noso traballo en prol do pequeno comercio de Boiro.

En segundo lugar ás xuntas directivas que axudaron a crear e consolidar este proxecto personificadas nos seus presidentes, dende Gerardo Triñanes que iniciou o proceso como aos seus sucesores Joaquín Vilas, Luís G. Maceiras, Carlos Rodríguez e ao actual Óscar España.

Recoñecer tamén a labor dos traballadores e cooperantes que pasaron pola asociación durante estes 10 anos, Lita, Rosa, Sergio, Esmeralda, Maika, Eva, Mercedes, Cati, Carlos, María e Tomás.

Agradecer tamén as entidades e organismos que colaboran con nos en especial a Abanca a través da súa obra social, a Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.

Destacamos tamén a colaboración prestada polo concello de Boiro tanto do grupo de goberno actual coma dos anteriores que sempre apostaron polo proxecto realizando tanto achegas económicas como prestando apoio e cobertura en tódolos actos e actividades realizadas.

E para finalizar o máis importante, grazas aos nosos socios, aos comerciantes, que son a razón deste éxito xa que participan masivamente das nosas campañas e actividades e que son o motivo e a razón do noso traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 

COMPARTE

_