Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

BOIRO ABERTO RECIBE A  MENCIÓN HONORÍFICA NOS PREMIOS NACIONAIS DE COMERCIO 2015


O presidente da ABE – BOIRO ABERTO CCU, Oscar España Fernández, recolleu de mans do Secretario de Estado de Comercio, D. Jaime García-Legaz Ponce, máxima autoridade a nivel nacional en materia comercial, acompañado da Delegada do Goberno, asi como da Directora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Dna. Sol María Vázquez Abeal, a mención especial dos premios nacionais de comercio 2015.

A entrega desta mención especial realizouse no salón de actos do Ministerio de Economía e Competitividade situado no Paseo da Castellana, Madrid.

Os Premios Nacionais de Comercio Interior creáronse no ano 1997 para distinguir a especial labor dos concellos nas súas actividades de renovación urbana comercial, e dos pequenos comercios, na súa labor de desenrolo comercial e modernización empresarial. Na actualidade, os Premios constan dunha terceira categoría, relativa ao Premio Nacional de Centros Comerciais Abertos.

Así , os premios Nacionais de Comercio son o máximo galardón que entrega o estado en recoñecemento ó traballo a prol do pequeno comercio, feito que supón un enorme orgullo ademais do recoñecemento ao traballo realizado pola nosa entidade dende que en 2005 se creou o cca de Boiro.

Agradecementos.

Dende ABE-BOIRO ABERTO CCU queremos agradecer en primeiro lugar ao xurado dos premios ter valorado o noso traballo en prol do pequeno comercio de Boiro.

En segundo lugar ás xuntas directivas que axudaron a crear e consolidar este proxecto personificadas nos seus presidentes, dende Gerardo Triñanes que iniciou o proceso como aos seus sucesores Joaquín Vilas, Luís G. Maceiras, Carlos Rodríguez e ao actual Óscar España.

Recoñecer tamén a labor dos traballadores e cooperantes que pasaron pola asociación durante estes 10 anos, Lita, Rosa, Sergio, Esmeralda, Maika, Eva, Mercedes, Cati, Carlos, María e Tomás.

Agradecer tamén as entidades e organismos que colaboran con nos en especial a Abanca a través da súa obra social, a Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.

Destacamos tamén a colaboración prestada polo concello de Boiro tanto do grupo de goberno actual coma dos anteriores que sempre apostaron polo proxecto realizando tanto achegas económicas como prestando apoio e cobertura en tódolos actos e actividades realizadas.

E para finalizar o máis importante, grazas aos nosos socios, aos comerciantes, que son a razón deste éxito xa que participan masivamente das nosas campañas e actividades e que son o motivo e a razón do noso traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 

COMPARTE

_