Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
nadal abe

 

COMEZA A CAMPAÑA DE NADAL DA ABE

 

 

Hoxe luns día 5 de decembro comeza a campaña de Nadal da ABE que ven cargada de novidades para os clientes e visitantes que teñan a ben realizar as súas compras de Nadal nos comercios Boirenses.

A campaña consta de tres partes diferenciadas que son; o tradicional sorteo de vales de compra, sorteos en redes sociais e a campaña de animación baseada na pista de xeo instalada na nosa localidade.

Campaña vales de compra

Está é a tradicional campaña de Nadal que en ocasións anteriores organizaba a FEB e que neste caso desenvolvemos en solitario.

Entre o 5 de decembro e o 6 de xaneiro os máis de 50 comercios participantes entregarán rifas aos clientes por cada 10 € de compra para que estes participen no sorteo de 2.000 € en vales de compra.

Os premios están divididos en 1 x 300 €, 1 x 200 € e 15 x 100 € que os agraciados poderán utilizar en calquera dos comercios participantes.

As rifan son numeradas para evitar que o cliente teña que cubrilas e o sorteo terá lugar o luns 9 de xaneiro ás 12:00 na sede da ABE.

O listado de gañadores farase público ese mesmo día a través da páxina web www.abe.gal e dos comercios participantes.

Os agraciados e suplentes deben identificarse antes do 20 de xaneiro nas oficinas da ABE.

Consulta aquí as bases da campaña

Sorteos en redes sociais

Dende a ABE somos conscientes da evolución constante á que está sometido o mercado, os cambios nos hábitos de consumo e os perfís de compra dos diferentes sectores de clientes.

Por este motivo, dende hai un tempo, estamos apostando polas redes sociais como medio de comunicación, promoción e venda dos nosos produtos e servizos e tamén o imos facer na campaña de Nadal realizando sorteos de premios nas nosas redes sociais tanto en facebook como en instagram.

Os sorteos serán a través de xogos que iremos propoñendo aos nosos siareiros e cos cales poderán gañas diferentes premios como entradas para a pista de xeo ou vales de compra.

Pista de xeo

A gran novidade deste ano ven pola instalación dunha pista de xeo en Boiro e que imos aproveitar para a realización dunha campaña de promoción do comercio Boirense.

Durante o Nadal e ata o 8 de xaneiro os comercios participantes entregarán entradas aos seus clientes para que desfruten dunha hora de patinaxe na pista instalada na praza do concello.

Esta campaña xa está en marcha e os comercios que participan nela están sinalizados con carteis específicos.

A utilización das entradas que regalan os comercios teñen as mesmas normas e garantías que as que se poden mercar na pista e tamén os mesmos horarios.

 

HORARIOS PISTA DE XEO

Do 1 ao 21 decembro: L-V de 17:00 a 22:00 Sábados, domingos, festivos e  vísperas de festivos  de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00.

Do 22 dec, ata o 8 de xaneiro: Tódolos días de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00.

Datas especiais: 24 e 31 dec. de 11:00 a 19:00; 25 dec. de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00; 1 e 6 de xaneiro de 17:00 a 22:00 ;5 de xaneiro de 11:00 a 14:00.