Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.
NOITE ABERTA

 

Xa está aquí unha nova edición dun dos eventos comercias mais agardados por clientes e veciños de Boiro, trátase da NOITE ABERTA, un evento singular que xunta comercio, ocio e entretemento nunha xornada festiva.

Nesta edición da N.A. participarán 30 comercios asociados a ABE que abrirán ata as 24 horas da noite e TODOS realizarán descontos durante todo o día de entre o 20 % e o 60 %. (Consultar folleto para mais info) 

Os establecementos participantes corresponden ao sectores de moda home e muller, calzado, complementos, moda e calzado infantil, fogar, iluminación, deportes, perfumaría, alimentación e xoguetes.

Unha oportunidade estupenda para equiparse para o verán cos mellores descontos.

Coma sempre as rúas da localidades estarán animadas con grupos de música e baile e ao remate da xornada o fin de festa será na Pousada das Ánimas co concerto de TANXUGUEIRAS que porá punto e seguido a N.A. de Boiro.

En canto as actividades dos comercios, que é unha das señas de identidade deste evento caben destacar que os participantes ademais do desconto, esméranse en darlle aos seus cliente nesta xornada algo especial e como exemplo os seguintes:

 Actividades nos comercios

 

  • Animación musical con Djs.
  • Photocall con premios.
  • Degustacións de todo tipo: mini hamburguesas, cócteles, doces, embutidos, pasteis e pinchos variados.
  • Festas temáticas
  • Regalos directos por compras
  • Sorteos variados (Xoguetes, bolsos, pizzas, vales de compra…)
  • Lunch musical.
  • Palomitas quentes.
  • Candy bar
  • Obradoiros

 

Para non perderse nada a ABE editou un folleto que pódese consultar e descargar AQUÍ onde figuran todos os descontos e actividades dos establecementos participantes.

Este sábado, hai NOITE ABERTA en Boiro¡¡

 IMPORTANTE

A ABE QUERE DESTACAR QUE A NOITE ABERTA DE BOIRO É POSIBLE, E SUPÓN UN ÉXITO DE VENTAS E VISITANTES GRAZAS AO ESFORZO E FINANCIACIÓN QUE REALIZAN OS 30 COMERCIOS ASOCIADOS PARTICIPANTES.

NESTE SENTIDO ANIMAMOS AOS COMERCIOS NON ASOCIADOS E QUE SE SUMAN POLA SÚA CONTA EN CADA EDICIÓN A ESTE EVENTO, QUE SE ASOCIEN A ABE, XA QUE ASÍ ESTARÁN TAMÉN CONTRIBUÍNDO A QUE ESTA ACTIVIDADE SE POIDA SEGUIR CELEBRANDO E SEGURAMENTE EN MELLORES CONDICIÓNS QUE NAS ACTUAIS.