Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
falame sempre

 

A A.B.E. e o CONCELLO DE BOIRO organizamos unha nova edición dun dos eventos máis agardados na programación anual da asociación, o pecha kucha de experiencias innovadoras con empresas creativas que celebramos onte, xoves 25 de abril no salón de actos da ABE.

Este ano con varias novidades, a primeira, a presentación conxunta do evento por parte de Alberto García (Técnico de cultura do concello de Boiro) e Daniel García (Presidente ABE), unha novidade que contribuíu a dotar o acto de maior axilidade e dinamismo.

O primeiro en tomar a palabra foi, Daniel García, que comezou “agradecendo a fidelidade dos asistentes” e explicando que o cambio de nome do evento que busca “un maior enraizamento coa cultura e patrimonio local pero mantendo o mesmo formato de 20 imaxes e 20 segundos que tanto gusta ao público”

Daniel insistiu en que  O que non vai cambiar é o cariño e ilusión que poñemos na súa organización para, en colaboración do departamento de cultura do concello de Boiro, acercarvos a 5 iniciativas empresariais novidosas e creativas “

Neste intre cedeu a palabra ao mestre de cerimonias Alberto García que se encargou de ir presentado as dúas primeiras empresas, Farmacia Cimadevila representada pola titular da firma Carmen Pouso e Bodegas Granbazán representada pola responsable do departamento de exportación Cristina Dominguez.

 _FARMACIA CIMADEVILA_ boiro

Un gran equipo de profesionais, unha atención ao público coidada e unha aposta decidida pola modernización son as sinais de identidade deste negocio.

Se a elo lle unimos o seu traballo a prol de causas tan nobres coma a loita contra o cancro coa organización dunha andaina solidaria que superou tódalas expectativas, entendemos porque os socios da ABE nomearon a Farmacia Cimadevila coma o mellor comercio do ano 2017.

_GRANBAZÁN_  vilanova

 A Bodega, fundada no ano 1981, atópase no Val do Salnés, en pleno corazón das Rías Baixas. Dende os seus orixes, foi pioneira en incorporar persoal cualificado, ademais do desarrollo da maceración en frío e da elaboración de dous tipos de viño en función do proceso e a selección de calidade.

A plantación de uva albariña levada a cabo na finca de Tremoedo (Vilanova de Arousa, Pontevedra), pasou a ser modelo de exemplo a seguir para moitas explotacións dentro da D.O.

Bodegas GRANBAZÁN, deu mostras dun continuo inconformismo: dende a meticulosa preparación do viñedo, ata o acondicionamento do espazo onde albergar os viños embotellados, pasando por unhas instalacións de transformación eficientes, que ademais cumpren os máis estritos parámetros de hixiene.

Chegados a este punto era o momento de Mahou pero lamentablemente por motivos alleos á organización e por xurdir un contratempo de ultimísima hora non puideron estar presentes.

En todo caso Alberto aproveitou a circunstancia para afinar o discurso que engarza todo o proxecto fálame sempre que é esa utilización da vertente cultural por parte de empresas de todo tipo e neste caso as cervexeiras como Mahou ou Estrella Galicia para definir a súa imaxe de marca como o fai “Estrela Galicia co seu proxecto son galicia onde nos din  "No lo llamemos festival cuando queremos decir momentos perfectos “

Este discurso deu paso a introducir un dos puntos fortes do cartel xa que se atopaba con nos Carlos Dominguez, promotor dun dos festivais de cultura urbana máis importantes do mundo e número 1 de Europa, o marisquiño.

O marisquiño

Dende 2001 ata hoxe, O Marisquiño converteuse no maior evento de Cultura Urbana e Deportes de Acción do sur de Europa. Un gran festival que reúne durante tres días máis de dez competicións deportivas así como distintos eventos culturais como break dance, exhibicións de graffiti, música en directo, etc.

O Marisquiño presenta tres copas do mundo puntuables en clasificacións globais, onde se reúnen os mellores riders nacionais e internacionais. O festival celébrase cada agosto, ao aire libre i é totalmente gratuíto. En cada edición, máis de 160.000 persoas desfrutan das competicións, exhibicións, concertos, gastronomía e o ambiente único que se xera en Vigo.

Ademais, dende hai tres anos, O Marisquiño chega en directo a máis de medio centenar de países a través da retransmisión en streaming en internet.

Chegaba a quenda do derradeiro participante a empresa de Outes, Casa da Avoa na que de novo Daniel García tomou a palabra para presentar a esta firma barbanzana que “aposta pola calidade do seu produto e a coidada imaxe coa que venden o seu produto en toda a península”, acompañáronos Victorino e Abel que arrancaron os maiores aplausos da noite coa súa desenfadada presentación.

 _A CASA DA AVOA_ outes

Mesturando ingredientes típicos da gastronomía galega xunto a un deseño moderno e pouco convencional conseguen un produto innovador.

Fomentan a economía da zona (a empresa ten base en Outes) intentando que tódolos puntos de elaboración do produto sexan cerca de nosa terra para dende aló conquistar un mercado global mediante a venta por internet.

Xa para rematar Daniel e Alberto despediron o acto realizando os merecidos agradecementos aos poñentes, público, concello de Boiro e cedendo a palabra ao tenente alcalde de Boiro que fixo o peche institucional do acto.

O pincho foi cortesía de Casa da Avoa e o viño da bodega Granbazán.