Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
socios protectores

Os socios protectores, son empresas, colectivos ou institucións que quixeron dar un paso adiante no seu compromiso coa ABE e que contribuirán co mantemento e desenvolvemento de actividades da entidade.

 O presidente da ABE, Óscar España destacou no seu discurso que “Neste intre contamos con 4 socios protectores que están hoxe aquí acompañándonos que son JEALSA, GRUPO JJ CHICOLINO, GARCÍA SÁNCHEZ E ESPAÑA E FERNANDEZ ademais do CONCELLO DE BOIRO que aínda que non entra nesta nova figura si que é un dos máximos apoios que ten a nosa entidade á hora de desenvolver calquera tipo de actividade”

 O presidente tamén destacou o traballo realizado a prol dun dos sectores mais importantes da ABE como é o comercial “Esta nova figura axudaranos a posicionar á patronal de Boiro na vangarda da promoción comercial do país e así refrendar a sensación de que o comercio boirense segue nesa situación punteira acadada en 2015 tras recibir a mención especial nos premios nacionais de comercio outorgada polo goberno de España”

 Así mesmo indicou que “Agardamos que a partir de agora sexan mais as empresas, entidades ou colectivos que se sumen a esta iniciativa que redundará no aumento da calidade e número de actividades que poidamos realizar”

 En canto ao alcalde de Boiro quixo “ agradecer o esforzo que realizan as empresas que apoian esta iniciativa” destando que “ademais da busqueda do beneficio empresarial tamén é importante o apoio social a causas deste tipo que redundan no propio tecido empresarial do pobo”

Así mesmo refrendou o compromiso do Concello no apoio á patronal para a realización de actividades destacando que “este apoio se vai facer mais intenso nesta anualidade”.

Ao acto asistiron os xerentes e/eu representantes da empresas GRUPO JJ CHICOLINO, GARCÍA SÁNCHEZ e ESPAÑA Y FERNÁNDEZ así como o Sr Alcalde de Boiro xa que o Concello é un aliado fundamental para que dende a ABE poidamos desarrollar moitas das actividades que programamos.