Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
banco sabadell

Con un pouco de preparación previa, algo de axuda loxística e moitas ganas, Susana Domínguez conseguiu o obxectivo fixado de gastar os 1.300 € en pouco mais de dúas horas.

 “ O mais duro foi a preparación previa para realizar o gasto en artigos de necesidade i evitar na medida do posible a compra compulsiva” indicou Susana. 

Cunha organización británica e as idas claras Susana e a súa acompañante visitaron na mañá de hoxe as 26 tendas participantes na campaña e fixeron efectivos os vales de compra de todas elas.

“Ademais de cousas que necesitábamos para toda a familia tamén aproveitamos para mercar os agasallos para o día da nai”

Entre os artigos que elexiu atópanse zapatos, camisas, camisetas, deportivas, chandal, sudadeira, perfumes,  roupa interior, gorras, vaqueiros, cargador de móbil, xoguetes, videoxogos, menaxe de hogar e moito mais que foron cargándose na furgoneta que a ABE puxo a disposición da premiada ata enchela.

Susana quixo “agradecer o trato recibido e a atención dos comercios de Boiro e da ABE que foi excelente”