Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
premios abe

 

O pasado xoves 13 de decembro,  tivo lugar, no salón de actos da ABE, a entrega dos II Premios da patronal Boirense que este ano recaeron na categoría de comercio en Baldani Concept Store e na de mellor empresa en La Doce espazo de arte.

Nun ambiente festivo e de complicidade tivo lugar o acto de entrega que comezou co discurso do presidente da ABE, Oscar España que indicou que os premios “naceron co obxectivo de premiar a labor daquelas empresas asociadas que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa terra”

Tamén quixo destacar que “Nesta segunda edición foi un pracer comprobar que o traballo iniciado o pasado ano veuse de consolidar xa que en total recibíronse 421 votos válidos. Na categoría de mellor comercio recibiron algún voto 42 establecementos diferentes e na de mellor empresa 39. Estes resultados nos animan a continuar potenciando estes premios e tratar de que cada ano medren ata converterse nunha referencia na comarca”

Antes de comezar coa entrega de premios a ABE proxectou un vídeo coas actividades realizadas durante o ano 2018 entre as que destacaron o Pecha Kucha especial no que se presentou a revista república creativa, as Noites Abertas, Boiroferta ou campañas comerciais como a de nadal ou millonario por un día.

Rematado o vídeo o presidente deu paso a entrega de premios na que o vicepresidente da ABE , Angel Nieto entregou o galardón de mellor comercio a Daniel García Dosil, propietario da firma Boirense de roupa multimarca Baldani Concept Store

Daniel agradeceu aos compañeiros socios polos votos recibidos así como a clientes, provedores, amigos e familia polo apoio recibido nos 17 anos de vida do proxecto.

Despois tocoulle a quenda a María Magán e Vicente Muñiz, propietarios de La doce que recibiron o galardón de mans do presidente e que quixeron poñer en valor a sua aposta empresarial asi como agradecer a ABE e aos socios o galardón

Ademais, María, puxo en valor a residencia de artista que promoven dende La Doce, “un proxecto único en Galicia e no que invito aos empresarios presentes a coñecelo e incluso a inverter nel

Para rematar a gala serviuse un pincho nas propias instalacións da ABE na que os brindes polos premiados foron constantes tamén o desexo de volver a xuntarse de aquí a un ano.