Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
almorzo TIKET DIXITAL

 

 

A Xunta de Galicia ven de poñer en marcha coa axuda da Federación Galega de comercio a Plataforma Dixital Centralizada E-ticket, que permite aos comercios e aos seus clientes elixir entre o ticket tradicional impreso en papel ou un sistema dixital, moderno, eficaz e fiable de recibir o tiket en formato dixital no seu teléfono, tablet ou ordenador.

Este proxecto que é GRATUÍTO PARA OS COMERCIOS DA ABE ten como vantaxes para os clientes/comercios, coñecer o estado e garantía das súas compras/vendas, evitando os inconvintes do ticket tradicional fronte a súa perda ou deterioración, ademais de minimizar o uso do papel e contaminantes vinculados á impresión.

Para que os socios da ABE coñeceran o proxecto (e tamén outros como a web de venta e fidelización que ten en marcha a FGC) a ABE organizou un almorzo informativo sobre estes proxectos o pasado xoves 7 de novembro de 9:00 a 10:00 da mañá ao que acudiron un numeroso grupo de comerciantes que xa decidiron implantar esta ferramenta.

O prazo para anotarse a esta iniciativa está aberto e o resto de socios da ABE poden tamén participar dela comunicándose coa ABE que será a encargada de coordinar o proxecto e intermediar entre xunta e os comercios participantes.