Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
INDUSTRIA 4.0

 

Dende a ABE somos conscientes de que o sector empresarial está a vivir unha auténtica revolución que vai a cambiar os modelos de negocio, a maneira de producir e ofertar produtos así como o modo de enfocarse ao cliente. Trátase da dixitalización integral da empresa.

Por este motivo acollemos no salón de actos da nosa entidade un innovador evento no que analizamos  as claves da industria intelixente que se antoxa imprescindible para mellorar a competitividade empresarial en Galicia .

A través deste Tech Showcase amosamos un escaparate do presente e futuro da empresa 4.0 en Galicia e no mundo a través de 3 empresas de alto impacto tecnolóxico.

Tralas pertinentes introducións institucionais a cargo do Igape e do presidente da ABE tocoulle a quenda ás empresas; en primeiro lugar Aitor Fernandez, responsable de desarrollo de negocio de Robotplus que nos amosou o funcionamento e programación que vai detrás do robot articulado que ten múltiples aplicacións industriais.

En segundo lugar, Javier Davila, CEO de Kendra, amosounos os últimos avances en realidade aumentada e virtual cunha demostración práctica da tecnoloxía que neste intre están a desarrollar para appel.

Para finalizar Lucía Miguez, fundadora y CEO de Rysia 3D, unha das empresas pioneiras en impresión 3d de Galicia, explicou aos asistentes o funcionamento, características e principais utilidades da impresión en 3d tanto por fío como por xel.

Sen dúbida unha mañá diferente para os socios da ABE que se acercaron a coñecer estas tecnoloxías e que rematou cun pincho e networking coas empresas poñentes.