Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
PREMIO NACIONAL

 

A ABE, e en concreto o seu Centro Comercial Aberto, BOIRO ABERTO, estamos de noraboa xa que vimos de ser distinguidos polo Ministerio de Industria Comercio e Turismo do Goberno de España co ACCESIT ao premio nacional de comercio 2019 no apartado de centros comerciais abertos. 

O gañador deste foi a asociación do Centro Histórico de Teruel, á que aproveito para felicitar,  e nos quedamos segundos a moi pouca distancia e por diante do resto de candidaturas presentadas de toda España. 

Cabe recordar que xa no ano 2015 fóramos merecedores dunha mención especial e que con este segundo galardón en menos de 4 anos prémiase a labor e traxectoria da asociación convertendo a ABE nunha das poucas asociacións a nivel nacional que acadan dous galardóns nos premios nacionais.  

Os Premios Nacionais de Comercio Interior creáronse no ano 1997 para  distinguir a especial labor dos concellos nas súas actividades de renovación urbana comercial, e dos pequenos comercios, na súa labor de desarrollo comercial e modernización empresarial. Na actualidade, os Premios constan dunha terceira categoría, relativa ao Premio Nacional de Centros Comerciais Abertos.

Os premios Nacionais de Comercio son o máximo galardón que entrega o estado en recoñecemento o traballo a prol do pequeno comercio, feito que supón un enorme orgullo ademais do recoñecemento ao traballo realizado pola nosa entidade dende que en 2005 se creou o cca de Boiro.

A entrega desta mencións especial realizarase no salón de actos do Ministerio de Industria Comercio e Turismo situado no Paseo da Castellana, Madrid, o vindeiro mércores 18, ao que asistiremos en representación de Boiro Aberto eu como presidente e acompañarame o Sr Alcalde de Boiro.

Agradecementos.

Dende ABE-BOIRO ABERTO CCU queremos agradecer en primeiro lugar ao xurado dos premios ter valorado o noso traballo en prol do pequeno comercio de Boiro.

En segundo lugar ás xuntas directivas que axudaron a crear e consolidar este proxecto, aos traballadores da asociación así como as entidades e organismos públicos, en especial a prestada polo concello de Boiro tanto do grupo de goberno actual coma dos anteriores que sempre apostaron polo proxecto realizando tanto achegas económicas como prestando apoio e cobertura en tódolos actos e actividades realizadas.

E para finalizar o máis importante, grazas aos nosos socios, aos comerciantes, que son a razón deste éxito xa que participan masivamente das nosas campañas e actividades e que son o motivo e a razón do noso traballo.