Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
campaña nadal 19

A campaña de Nadal da ABE deste ano ven cargada de novidades posto que imos a sortear entre os clientes dos establecementos asociados o SUELDAZO ABE, 300€ durante 6 meses para un únicx premiadx e sorteo de agasallos para xs cativxs da casa, os detalles da campaña a continuación:

Sorteo

Sorteamos un 1 soldo de 300 € durante 6 meses para un único premiado.

Os establecementos participantes entregarán entre o 13 de decembro e o 5 de xaneiro as rifas que estarán numeradas para que o cliente non teña que cubrilas. (Entregamos 1 rifa por cada 10 € de compra)

O sorteo terá lugar o xoves 9 de xaneiro ás 12:00 hs na ABE .

 Carta aos reis magos

A segunda parte da campaña vai dirixida os nenos e nenas de Boiro, xa que repartimos un lote de cartas para cada negocio participante e ademais estarán dispoñibles na carpa dos soños, na ludoteca e no campamento de Nadal.

Os nenos e nenas deben escribir a carta aos reis, cubrila cos datos que se indican e depositalas na urna que estará na carpa dos soños entre o 21 D e o 4 X.

Sorteamos un Howerboard e un patinete  o sábado 4 de xaneiro (día de peche da carpa)

A carpa dos soños

Na praza do concello instalarase unha carpa con diferentes actividades para os nenos e nenas: polas mañas campamento de nadal gratuíto, polas tardes Ludoteca de 17:30 a 19:30 e un montón de actividades especiais.

*Para a Ludoteca precísase presentar un tiket de compra de 20 € de calquera establecemento de Boiro para poder entrar, as demais actuacións son de entrada libre.

Bases da campaña