Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
sueldazo abe

 

Xa temos gañadora do SUELDAZO ABE que sorteamos con motivo da campaña do nadal e que recaeu en TAMARA LINARES por unha compra realizada en Paquetería Josefina.

Poucas horas despois de celebrarse o sorteo público do premio (xoves 9, 12 hs sede da ABE) Tamara presentou o boleto agraciado, sendo unha das maiS rápidas en aparecer na longa historia dos premios de nadal da ABE.

O presidente da ABE fixo na tarde de onte a entrega do premio a unha moi emocionada Tamara que recibirá cada més 300 € en vales de compra que deberá gastar durante o mes en curso (excepto xaneiro) nos establecementos participantes na campaña.

Así mesmo os cativ@s Aitor e Rosalia foron os gañadores do patinete led e patinete eléctrico respectivamente por escribir as cartas aos reis magos e depositalas no buzón situado na carpa dos soños. Ambos xa pasaron polas oficinas da ABE para recoller os agasallos.

Con estas entregas a ABE da por finalizada a campaña do nadal e comezamos a preparar as actividades de 2020 que agardamos sexan tan ben recibidas como as do pasado ano.