Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto


TRIWUS E IN9 REPRESENTANTES DA ABE NOS PREMIOS DOLMEN 2015


O vindeiro venres 16 de outubro celebrarase a XXVII edición da Gran Gala Dolmen de Ouro. A cita terá lugar no pavillón polideportivo de Rianxo e serán dúas as empresas que representen á nosa asociación nesta nova edición dos premios.

Na categoría de iniciativa emprendedora a empresa de base tecnolóxica Triwus competirá polo galardón con Suministros navales santa uxia de Ribeira e con Ecofogar de Outes.

Triwus é unha empresa Boirense que ven de desenvolver unha plataforma de creación web propia para que cada persoa poida construír a súa propia web de xeito fácil e intuitivo aforrando custes grazas á sua base de programación modular. 

É destacable que unha empresa Boirense, con medios e programadores locais desenvolva este tipo de tecnoloxía ao nivel de multinacionais como 1and1 ou arsys.

Ademais desta liña de negocio realizan programación a medida e deseño corporativo creando incluso paquetes combinados de produtos.

www.triwus.com

Por outra banda , na categoría de promoción turística, In9 eventos competirá con Hotel Noia e con Aldea os Muiños de Rianxo, galardón que o pasado ano recaeu no náutico de Boiro, marina de cabo da cruz.

In9 Eventos, S.L. naceu como un servizo de catering para eventos e presentacións de diversa índole pero co tempo mudaron para converterse nunha empresa de promoción integral do turismo, especializándose na organización integral de grandes eventos.

Apostan por unha observación constante do que ocorre no sector, por innovar tanto nos produtos coma nos servizos e por unha infraestrutura moderna e versátil que permite a flexibilidade necesaria para a realización de calquera tipo de evento.

In9 ven de organizar con gran éxito a semana de Galicia na Expo universal de Milán así como diversos eventos similares en Londres, Bos Aires e noutras cidades de todo o mundo.

Dende a A.B.E. recordamos que os socios que queiran asistir á gala teñen a súa disposición entradas nas oficinas da asociación.

 

 

 

COMPARTE

_