Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

ESTE SETEMBRO ENCHEMOS O DEPÓSITO DO TEU COCHE

 

  • A campaña desenvolverase entre o 5 e o 24 de setembro
  • Sortéanse 10 depósitos de gasolina de 100 € cada un acompañados de lavados premium
  • Colocaranse dous totems de 2,5 metros nas rúas de Boiro coa imaxe da campaña e o nome de todos os socixs e varias bandeiras da campaña
  • Tanto os vales como os lavados poderanse facer efectivos na Estación de Servizo Garlou

 

Boiro 5 de setembro de 2022

 

Na mañá de hoxe presentouse a nova campaña que con motivo da volta ao cole puxo en marcha a Asociación Boirense de Empresarios , na que participaron o presidente da ABE, Daniel García, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero e a Xerente da Estación de Servizo Garlou, Marga Loureda.

O presidente da ABE destacou que  “trátase dunha novidosa campaña que trata de axudar as familias cun dos gastos mais comúns e que nos últimos meses ven de estar de actualidade” así a ABE levará a cabo “ esta nova campaña de promoción na que imos a sortear 10 depósitos de gasolina valorados en 100€ cada un  aos que se lle engaden 10 lavados de coche premium”

García animou aos clientes  a participar na campaña denominada Este setembro ENCHEMOS O TEU DEPÓSITO” que vaise desenvolver entre o 5 e o 24 de setembro, para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos socixs da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal

Pola sua parte, o alcalde de Boiro, quixo poñer en valor “o traballo que desenvolve a ABE a prol do tecido empresarial local e  vos animo a seguir traballando nesta liña que conta co apoio e colaboración do concello”

Colaboración da Estación de Servizo Garlou de Boiro

Os premios entregaranse nuns bonos ABE especialmente deseñados para a ocasión que se poderán gastar soamente en gasolina na ESTACIÓN DE SERVIZO GARLOU DE BOIRO, empresa asociada a ABE, a xerente da gasolineira, Marga Loureda, quixo “agradecer a posibilidade que nos brinda a ABE de colaborar nunha actividade de promoción comercial que vai a redundar nos veciños da localidade” ademais destacou que a colaboración da firma extendese co  “obsequio a cada un dos gañadores dun lavado de coche premium que poderán utilizar na mesma estación de servizo”

Complementando esta campaña e buscando achegar a imaxe das empresas asociadas aos veciños e visitantes colocáronse nas rúas de Boiro dous totems de 2,5 metros en forma de cubo no que irá ademais da imaxe da campaña os nome comercial de todos os socixs e varias bandeiras promocionais da campaña.

 

Destacar que A CAMPAÑA ESTÁ COFINANCIADA POLA XUNTA DE GALICIA