Comezamos o ano formativo na ABE coa inauguración dos almorzos de 2020 coa poñencia de Juan Magariños sobre produtividade titulada, Dirixes o teu negocio ou o negocio diríxete a ti?
Debido a alta demanda de asistencia tivemos que trasladar a habitual localización dos Almorzos (A Aula 1 da ABE con capacidade para 30 alumnos) para o Salón de actos xa que foron 51 os empresarios que asistiron a esta interesante xornada.
Durante os 90 minutos que durou a xornada, os alumnos recibiron as pautas para tratar de mellorar a produtividade dos seus negocios para alcanzar os seus obxectivos.
“O tempo é un recurso moi valioso que non poderás mercar, só xestionar e durante a charla veremos os hábitos de éxito que utilizan menos do 5 % das persoas que logran resultados excepcionais nos seus negocios” indica Magariños ao inicio da presentación.
Juan Magariños é Director e Fundador de Optimiza Teu Negocio, Enxeñeiro con Máster en Coaching Internacional e Postgrao en Direción e Xestión en RRHH.
Dende 2013 asesora e forma a emprendedores, pemes e autónomos no seu desarrollo de negocio e conta con máis de 1000 hs certificadas de asesoramento e seguimento profesional a empresas.
“Ao finalizar a charla pretendo que obteñades a solución para vos e o voso equipo de traballo para facer que o negocio ascenda ao seguinte nivel, ingresar máis empregando menos recursos é posible”
Ao finalizar, como sempre, tivemos tempo para o networking entre poñente e alumnos no café posterior que sempre acompaña aos almorzos ABE.
Dende a ABE queremos agradecer aos empresarios presentes a súa asistencia masiva feito que pon de manifesto a boa saúde que gozan os almorzos ABE que terán continuidade ao longo dos vindeiros meses.