Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

A ABE ENTREGA 1.000€ EN PREMIOS DA CAMPAÑA VOLTA AO COLE

 

  • En total entregáronse 1.000 € en Bonos ABE repartidos en 10 premios de 100€.
  • Durante o mes que durou a campaña rexistráronse 2.226 tíckets de compra.
  • O de menor importe foi de 45 céntimos dunha compra nunha mercería e o mais alto de 1.111 € dunha instalación eléctrica.

 

Boiro 11 de outubro de 2023

 

Na mañá de hoxe, na sede da patronal de Boiro, tivo lugar a entrega de premios da campaña Volta ao Cole “Enchemos o teu peto”

En total entregáronse 1.000 € en Bonos ABE repartidos en 10 premios de 100€.

O presidente, Daniel García, foi o encargado de entregar os premios e quixo por unha parte “agradecer a alta participación dos clientes na campaña” e por outra “a confianza dos premiados no comercio de Boiro para facer as súas compras”. Así mesmo animou a “seguir participando nos próximos sorteos e rexistrando tíckets para acumular puntos e cambialos por agasallos do catálogo”

Durante o mes que durou a campaña rexistráronse 2.226 tíckets de compra. Como curiosidade indicar que o de menor importe foi un de 45 céntimos dunha compra nunha mercería e o mais alto de 1.111 dunha instalación eléctrica.

Para finalizar o presidente quixo agradecer “aos clientes que rexistraron tíckets nesta campaña tanto a súa participación como os seu compromiso cos negocios locais de Boiro” e recordou que “os premios en Bonos ABE poden utilizarse sen caducidade en calquera dos 201 negocios asociados, aos que aproveitamos para agradecer e dar a noraboa pola súa colaboración”