A ABE pon en marcha está semana unha campaña de promoción comercial para os seus asociados, nesta ocasión trátase dunha nova iniciativa que ten como obxectivo liquidar os stocks dos comercios nas propias tendas.
A campaña que se desenvolve baixo o nome de Stoks Fora Boiro Summer edition terá lugar o xoves 24, venres 25 e sábado 26 de agosto e participarán 20 establecementos asociados.
Este comercios e durante estas datas terán sinalizados os produtos que se porán a venta a prezos de stoks cos carteis elaborados especificamente para esta campaña, cun atractivo deseño pop art en formato comic.
De feito un dos atractivos da campaña, ademais dos prezos dos que se poden beneficiar os clientes, é a campaña de marketing que a sostén xa que os carteis, folletos, publicidades e sobre todo as cartolinas de sinalización de prezos forman un comic coa mencionada estética pop art.
Nesta primeira edición da campaña participarán 20 comercios que ademais de ofrecer produtos a prezos de stoks entregarán rifas para o sorteo de 100 € durante os días que dura a campaña.
O sorteo realizarase o luns 28 na sede da ABE.