Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 OS SOCIOS DA ABE APRENDEN COMO AFORRAR NA SUA FACTURA ELÉCTRICA

  • A actividade retomouse tras dous anos de parón obrigado.
  • Os cambios que se produciron no mercado eléctrico provocaron aumentos desmesurados nas facturas de empresarios e particulares.

 Boiro 24 de marzo de 2022

A charla comezou coa presentación do presidente da ABE, Daniel García que se amosou enormemente satisfeito de que “Tras un parón obrigado polas restricións covid de 2 anos hoxe poidamos retomar un dos nosos formatos mais exitosos, os Almorzos ABEGarcía explicou que “a partir de agora e de xeito regular trataremos temas de actualidade neste formato que nos permite, ademais de escoitar a charla, compartir un café cos poñentes e xs compañeirxs empresarixs”

Nesta ocasión a temática tamén foi ligada á máxima actualidade xa que o Consultor enerxético, Diego Carnés, que é Delegado de Grupo ae2000, explicou de maneira clara e sinxela na sede da ABE os “moitos cambios que tiveron lugar no mercado enerxético e que derivaron nas actuais facturas de importes desmesurados que están a recibir tanto empresarios como particulares” 

A charla á que asistiu un bo número de empresarixs comezou coa explicación das novas tarifas que “no caso das tarifas de discriminación horaria para potencia de menos de 15.000 kw pasaron de ter 2 tramos de consumo a 3 o que supón 3 tarifas diferentes e todas progresivas en prezo” ademais explicou que “as potencias contratadas tamén deben ser progresivas o que non permite reducir potencia pola noite cando menos consumimos”

Carnés detallou o funcionamento do mercado electríco e de como funcionan as subastas da luz e amosouse preocupado porque “nestes días estanse producindo reunións entre goberno e responsables das enerxéticas pero sen producirse acordos que se trasladen aos prezos” ase mesmo indicou “ nos próximos días a UE debe tomar decisións importantes sobre o mercado eléctrico que , agardamos, desta vez si se noten nos prezos pero que en todo caso no farán que estes volvan aos noveis do pasado verán”