Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

JOSÉ ESPAÑA SILVA, CARNICERÍA MONCHO BOGA E A TERRAZA DO FURANCHO  PREMIOS ABE 2022

  • A Pousada acolleu a 150 invitados
  • O premio de honra recae nun dos mais recoñecidos empresarios da localidade
  • O presidente da ABE fixo balance do ano

 

Boiro 19 de novembro de 2022 

Por segundo ano consecutivo a Pousada da Galicia Imaxinaria foi o lugar elixido para celebrar a gala dos premios ABE, uns galardóns que recoñecen a labor dos empresarios da localidade e que congregaron a mais de 150 invitados amosando, unha vez mais, o poder de convocatoria da patronal Boirense.

O evento, conducido pola actriz e presentadora Patricia Vázquez, desenvolveuse con ritmo áxil nun contexto desenfadado no que o humor da condutora e a música en directo de Stormy Truckers puxeron a nota de cor a velada.

O acto deu comezo co discurso de benvida do presidente da ABE, Daniel García, que quixo comezar o seu discurso recordando “a unha persoa  que tristemente nos deixou este ano e cuio falecemento causou pesar en toda a comarca xa que moitas familias directa o indirectamente viven do emprego que xenera a empresa que fundou, refírome a D. Jesús Alonso Fernández, fundador de Jealsa” García tamén quixo facer extensivo o recordo “ ao resto de socios, familiares e amigos da ABE que faleceron neste ano”

Unha vez feito o recordo o presidente quixo facer balance do ano e destacar “ os 14 novos socios que se incorporaron a ABE” e amosouse especialmente orgullos da Xestión de axudas e subvencións para os socios nas que “realizamos 198 asesoramentos que deron lugar a 72 expedientes tramitados e que se traduciron en 489.000 euros en axudas directas para as empresas beneficiarias o que supón mais de 700.000 € de inversión”

Neste punto a presentadora tomou de novo a dirección do acto e mesturando con contos , anécdotas e monólogos entregáronse os tres premios da noite.

En primeiro lugar o de mellor comercio que foi para Carnicería Moncho Boga Negocio familiar que se localiza na praza de abastos de Boiro, conta con 36 anos de traxectoria e segue fiel á filosofía do seu fundador, Ramón Laíño, e da súa esposa, Lourdes Blanco” recolleron o premio o equipo completo formado por Ramón, David, Lourdes, Rosa e David e Isabel Cerqueiras de The Desire Shop foi a encargada de entregalo como ganadores do pasado ano.

Tras agradecer o premio Ramón Laiño, visiblemente emocionado, foi a quenda da mellor empresa galardón que recaeu en A Terraza do Furancho un local de restauración localizado no corazón de Boiro que ofrece “Tres ambientes, tres momentos, un lugar onde podes degustar a comida tradicional galega pero sempre buscando un toque innovador. Gozar dun ambiente espectacular con boas tapas e unha boa selección de bebidas da terra”

Recolleron o premio os socios da empresa Breogán Vázquez Villar e Yago Caramés Vila e a encargada de entregalo foi Marga Hermo, directora de relación institucionais de Jealsa Rianxeira, empresa gañadora do premio o pasado ano. 

Para a entrega do premio de honra o presidente da ABE volveu a subir ao escenario e xunto coa presentadora fixeron un breve repaso á traxectoria do homenaxeado que empeza a traballar como albanel os 14 anos cobrando 10 ptas por xornada, aos 16 marcha para navegar ó bacallo durante 2 anos, para despois do servizo militar volver a traballar como albanel ata os 22 que se vai a Noruega a traballar na mariña mercante onde compaxina o traballo cos estudos por correspondencia de Contratista de edificios.

No ano 1979 funda Construcciones  J. España S.L.  e no 1989 crea a promotora España y Fernández S.L., empresa coa que promove a maioría das edificacións plurifamiliares que leva a cabo o grupo.

No ano 1995 crea Boiro Tenda SL, empresa relacionada co sector da construción, que se dedica a venda de todo tipo de materias de construción, sanitarios e mobles de cociña e baño e a día de hoxe desfruta dunha merecida xubilación.

Recolle o premio José España Silva e o entrega o presidente da ABE, Daniel García que lle entrega o micro a un emocionado José que aproveita para “agradecer a ABE o premio e compartilo con todos os traballadores, familia e amigos dos que nos rodeamos nestes mais de 50 anos de traxectoria”

A gala remata coa intervención do Concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo, que destacou “a labor da ABE na promoción económica do concello” e “o traballo dos empresarios premiados a prol da economía local” e un divertidísimo monologo de Patricia Vázquez para dar paso aos pinchos e posterior concerto do grupo Stormy Trucker co que desfrutaron os mais de 150 invitado á gala que ateigaron a Pousada.